Medio de comunicación
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2019.) |
Un medio de comunicación é un centro emisor a través do cal se transmiten sinais mediante un código. Teñen unha difusión pública, que fai que transmitan simultaneamente a mesma información a un gran número de persoas.
Tipos
[editar | editar a fonte]Pódense diferenciar varios tipos de medios de comunicación, entre os cales se atopan:
Cada unha das variantes de medios de comunicación que na actualidade están en funcionamento foi unha nova achega á maneira de como o ser humano se comunica cos seus semellantes. Para a historia destes a aparición da imprenta foi un punto de inicio, a partir do cal xurdiron no mundo os primeiros xornais.
Igualmente, a aparición de cada un dos medios de comunicación masiva que hoxe en día se coñecen, significaron no seu momento unha revolución para a humanidade.