McLaren P1
McLaren P1 | |
Nome | McLaren P1 |
Construtor | McLaren |
Produción | 2013 - 2015 (375 producidos) |
Antecesor | McLaren F1 |
Tipo | Superdeportivo |
Motor | 3.8 L V8 |
Carrozaría | 2 portas coupé |
Configuración | Motor central-traseiro, tracción traseira |
Rival | Koenigsegg Gemera¨ |
Peso | 1395 kg |
Relacionado | McLaren MP4-12C, Lamborghini Veneno, Ferrari LaFerrari, Lamborghini Aventador, Pagani Huayra, Bugatti Super Veyron, Porsche 918 |
O McLaren P1 é un superdeportivo híbrido creado polo fabricante inglés McLaren. O coche saíu á luz no Salón do Automóbil de París de 2012. É o esperado sucesor do McLaren F1. Utiliza enerxía híbrida e tecnoloxía da Fórmula 1. O estilo deste automóbil está influenciado polo McLaren MP4-12C, pero ten paneis na carrocería para que pareza máis agresivo. O deseño dos faros semella o logotipo de McLaren.
Características técnicas[editar | editar a fonte]
O P1 pode chegar a alcanzar unha velocidade de 405 km/h, pero está limitada electronicamente a 350 km/h. O coche ten unha aceleración de 0 a 100 km/h en menos de 2.8 segundos, de 0 a 200 en 6.8 segunos e de 0 a 300 nuns 16.5 segundos, polo que é 5,5 segundos máis rápido ca o McLaren F1. Isto todo faino co seu conxunto de pneumáticos Pirelli P-Zero Corsa e pode frear cos seus freos especiais de carbono-cerámica de 100 km/h a 0 en menos de 30 m.