McDonnell FH Phantom
McDonnell FH Phantom | |
---|---|
Tipo | caza embarcado |
Fabricante | McDonnell Aircraft |
Primeiro voo | 25 de xaneiro de 1945 |
Introducido | agosto de 1947 |
Retirado | xullo de 1954 |
Estado | retirado |
Unidades construídas | 62 |
Variantes | McDonnell F2H Banshee |
O McDonnell FH Phantom é un caza bimotor deseñado durante a Segunda Guerra Mundial pola Mariña dos Estados Unidos. O Phantom foi o primeiro reactor puro en aterrar nun portaavións estadounidense e o primeiro despregado polo Corpo de Marines. Aínda que o seu tempo de servizo en primeira liña foi relativamente breve, axudou a probar aos líderes da Mariña a viabilidade dos reactores baseados en portaavións. Ademais, foi o primeiro caza exitoso de McDonnell, levando ao desenvolvemento do seu sucesor, o McDonnell F2H Banshee, un dos dous cazas navais máis importantes da Guerra de Corea. Só se fabricaron 62 FH-1 antes de que a produción cesase para construír o máis potente F2H Banshee.
O FH Phantom foi orixinalmente coñecido como FD Phantom, pero a designación cambiouse cando o avión entrou en produción.