O McDonnell F2H Banshee (designado pola compañía como McDonnell Model 24) é un caza a reacción embarcado estadounidense usado polo Corpo de Marines e a Armada estadounidense dende 1948 ata 1961. Desenvolvido a partir do FH Phantom, foi un dos principais cazas usados durante a guerra de Corea, e foi o único caza a reacción despregado pola Real Armada do Canadá.[1] O nome do avión procede do banshee da mitoloxía irlandesa.