Maximum Overdrive

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Maximum Overdrive
Ficha técnica
Título orixinalMaximum Overdrive
DirectorStephen King
ProdutorDino De Laurentiis
Martha Schumacher
GuiónStephen King
Baseado enTrucks de Stephen King
IntérpretesEmilio Estevez
Pat Hingle
Laura Harrington
Christopher Murney
Yeardley Smith
John Short
Ellen McElduff
J.C. Quinn
Holter Graham
Frankie Faiso
Giancarlo Esposito
Stephen King
MúsicaAC/DC
FotografíaArmando Nannuzzi
MontaxeEvan A. Lottman
DistribuidoraDe Laurentiis Entertainment Group
Estrea1986
Duración97 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroTerror
Orzamento$10 000 000
Recadación$7 433 663

Maximum Overdrive é un filme de terror dirixido e escrito polo novelista Stephen King. Foi estreado en 1986. Maximun Overdrive é o primeiro e derradeiro filme dirixido por Stephen King. A banda sonora está composta integramente pola banda de hard rock AC/DC.

Argumento[editar | editar a fonte]

No ano 1986, durante tres días, a Terra está baixo a influencia dun misterioso cometa, aparentemente inofensivo, que dota de vida ás máquinas, as cales comezan a facer cousas estrañas. Ó principio, os problemas aparentan ser menores: as bombas de gasolina deixan de funcionar, os videoxogos descontrólanse totalmente e as máquinas de refrescos devolven as latas ao chou. Pero axiña, os ataques serán máis graves, e sen un lugar seguro onde agocharse un grupo de persoas refúxiase na parada de camioneiros Dixie Boy, onde clientes e empregados tratan de gañarlle a partida ás máquinas. Cunhas armas agochadas no soto da parada de camións, Bill Robinson (Emilio Estevez) conduce a un grupo cara o mar aberto nun derradeiro esforzo por salvarse a si mesmo, ós seus compañeiros e a toda a especie humana.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]