Matilde Ucelay
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1912 ![]() Madrid, España ![]() |
Morte | 24 de novembro de 2008 ![]() Madrid, España ![]() |
Datos persoais | |
Residencia | Castaño Residence (en) ![]() ![]() |
País de nacionalidade | España ![]() |
Educación | Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid (1931–1936) Universidade Politécnica de Madrid Instituto-Escuela ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Arquitecto ![]() |
Ocupación | arquitecta ![]() |
Lingua | Lingua castelá ![]() |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia![]() | |
Fillos | Javier Ruiz-Castillo (pt) ![]() ![]() |
Nai | Pura Maortua ![]() |
Irmáns | Margarita Ucelay ![]() |
Parentes | Enric Ucelay-Da Cal (sobriño) ![]() |
Premios | |
![]() |
Matilde Ucelay Maórtua, nada en Madrid en 1912 e finada na mesma cidade o 24 de novembro de 2008, foi unha arquitecta española, gañadora do Premio Nacional de Arquitectura de España en 2004.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Filla de Enrique Ucelay e de Purificación Maortua. Titulouse en arquitectura no 1936, sendo a primeira muller en España que acadou tal título. Levou a cabo máis de 120 proxectos malia ser depurada en 1940 e condenada en consello de guerra a inhabilitación perpetua para cargos públicos (fora secretaria do Colexio de Arquitectos) e durante 5 anos para o exercicio profesional privado.
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]No 2022 o Ministerio de Ciencia e Innovación publicou as bases da primeira convocatoria dos Premios Nacionales de Investigación para Jóvenes, entre eles o Premio Nacional Matilde Ucelay, na área de enxeñerías e arquitectura.[1]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou co editor José Ruiz-Castillo Basala, e a súa irmá Margarita foi a primeira muller de Ernesto Guerra da Cal[2].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "La Moncloa. 26/05/2022. El Ministerio de Ciencia e Innovación crea los Premios Nacionales de Investigación para Jóvenes [Prensa/Actualidad/Ciencia e Innovación]". www.lamoncloa.gob.es. Consultado o 2022-05-29.
- ↑ Alvarellos, Henrique (4-11-2018). "García Lorca recita, en galego, en Torrejón". La Voz de Galicia (Santiago de Compostela).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Necrológicas: Matilde Ucelay Maórtua, la primera arquitecta española". El País (en castelán). 26 de novembro de 2008..
Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Margarita Ucelay (irmá)
![]() |
Este artigo sobre arquitectura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |