Saltar ao contido

Mathieu van der Poel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMathieu van der Poel

(2022) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento19 de xaneiro de 1995 Editar o valor en Wikidata (31 anos)
Kapellen Editar o valor en Wikidata
Altura184 cm Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónciclista de ciclocrós, ciclista de montaña, ciclista Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaPaíses Baixos Editar o valor en Wikidata
DeporteCiclocross
ciclismo en ruta
ciclismo de montaña Editar o valor en Wikidata
Disciplina deportivaciclismo en ruta
Cross country Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Competición
2012-2013 IKO Enertherm-BKCP
2014- BKCP-Corendon
Participou en
2025UCI Europe Tour 2025 (7º)../... 25+ Editar o valor en Wikidata
Outro
PaisAdrie van der Poel Editar o valor en Wikidata  e Corinne van der Poel-Poulidor Editar o valor en Wikidata
IrmánsDavid van der Poel Editar o valor en Wikidata
ParentesRaymond Poulidor, avó materno Editar o valor en Wikidata
Condenado porasalto (2022) Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm9824714 Twitter: mathieuvdpoel Instagram: mathieuvanderpoel Olympics.com: mathieu-van-der-poel Editar o valor en Wikidata
Mathieu defendendo o maillot arco da vella nun ciclocrós.

Mathieu van der Poel, nado en Kapellen,Bélxica o 19 de xaneiro de 1995, é un ciclista profesional holandés que compite nas modalidades de ciclocrós, bicicleta de montaña e ruta militando nas filas do Corendon-Alpecin.

Biografía

[editar | editar a fonte]

Aínda que foi nado en Bélxica, Mathieu provén dunha familia de ciclistas profesionais. O seu irmán máis vello, David, é compañeiro de equipo de Mathieu xa que tamén foi unha promesa no ciclocrós, de feito, logrou o campionato holandés sub-23 en 2013. O seu pai Adri van der Poel foi un gran ciclista que conseguiu importantes vitorias. Logrou o campionato mundial de ciclocrós en 1996 e seis campionatos nacionais dos Países Baixos. Pero ademais tamén correu na ruta, onde logrou dúas vitorias de etapa no Tour de Francia e tamén varias vitorias en clásicas. E por se non fose pouco, seu avó materno foi Raymond Poulidor, o famoso ciclista francés coñecido como "o eterno segundón" que rematou segundo en tres Tours de Francia e gañou a Volta a España 1964.

En 2024 foi bronce no Mundial en estrada.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Ciclocrós

[editar | editar a fonte]

No ciclocrós, ten tres títulos mundiais (2015, 2019 e 2020), unha prata (2016) e un bronce (2018). Cinco campionatos holandeses (2015-2020).

Dentro das categorías inferiores, Mathieu arrasou, sobre todo en xúniors, xa quen logrou 2 campionato mundiais xúnior e 2 europeos xúnior de ciclocrós.

Dentro do ciclocrós mantén unha importante rivalidade co belga Woult van Aert que ele arrebatou contra pronostico os títulos mundiais de 2017 e 2018. Esa mesma rivalidade pasou posteriormente ás carreiras en estrada[2].

Na disciplina de ruta a pesar de ser un ciclista prometedor dende que foi campión do mundo júnior no 2013 acadou resultados discretos ata o ano 2017 comezou a ter un calendario específico en estrada. Destaca en probas clásicas.

En 2017 conseguiu a vitoria na clasificación xeral en Boucles de la Mayenne, mais dúas etapas, ademais de gañar unha etapa na Volta a Bélxica e outras vitorias menores.

2018 vai a ser o ano da súa confirmación acadando a campionato nacional de Holanda e repetindo primeiro posto nos Boucles de la Mayenne. Cae tamén o seu favor o Tour de Limburgo e dúas tiradas da Artic Race de Noruega. Nos campionatos de Europa vai rematar so por detrás do italiano Matteo Trentin.

En 2019 lucindo ás cores de campión nacional vai ser o ano da súa explosión converténdose nun dos ciclistas mais admirados polo público grazas á vitorias como a da Amstel Gold Race onde entrando no último quilómetro da proba nun grupo atrasado da cabeza de carreira e lanzando un esprint desde mol lonxe conseguiu cruzar a linamos de meta o primeiro. Sumaría vitorias en Brabantse Pijl e Dwars door Vlaanderen ademais da primeira posición en etapas da Artic Race, Tour de Anatolia, Circuit de la Sarthe e tres mais no Tour of Britain onde acadaría tamén a clasificación xeral[3].

No Campionato do mundo de Yorkshire de 2019[4], que se realizou nunhas condicións meteorolóxicas durísimas e no que Van de Poel era un dos máximos favoritos, protagonizou un dos momentos estelares cando estando a dez quilómetros de meta nun grupo de cinco corredores que incluía a Gianni Moscon e Matteo Trentin de Italia, Stefan Küng de Suíza e Mads Pedersen quedou absolutamente sen folgos e cortouse do grupo perdendo todas as súas posibilidades.

Palmarés

[editar | editar a fonte]

Ciclocrós

[editar | editar a fonte]

2011-12

  • Campionato do Mundo xúnior
  • Campionato de Europa xúnior
  • Campionato dos Países Baixos xúnior
  • Copa do Mundo de Ciclocrós xúnior, xeral e 4 probas
  • Superprestixio xúnior, xeral e 7 probas
  • Gazet van Antwerpen xúnior, 5 probas

2012-13

  • Campionato do Mundo xúnior
  • Campionato de Europa xúnior
  • Campionato dos Países Baixos xúnior
  • Copa do Mundo de Ciclocrós xúnior, xeral e 6 probas
  • Superprestixio xúnior, xeral e 8 probas
  • Trofeo bPost Bank xúnior, 4 probas

2013-14

  • Campionato do Mundo sub-23* Campionato de Europa sub-23
  • Campionato dos Países Baixos sub-23
  • Copa do Mundo de Ciclocrós sub-23, xeral e 4 probas
  • Superprestixio sub-23, 4 probas
  • Trofeo bPost Bank sub-23, 1 proba

2014-15

  • Campionato do Mundo
  • Campionato dos Países Baixos
  • Copa do Mundo de Ciclocrós, 1 proba
  • Superprestixio, xeral e 3 probas
  • Trofeo bPost Bank xúnior, 1 proba

2015-16

2016-17

  • Campionato de Europa
  • Campionato dos Países Baixos
  • Copa do Mundo de Ciclocrós, 3 probas
  • Superprestixio, 5 probas*
  • Trofeo DVV Verzekeringen, 2 probas

*:competición en curso

2011

  • Campionato dos Países Baixos contra o reloxo cadete

2012

2013

  • Campionato do Mundo en ruta xúnior
  • Campionato dos Países Baixos en ruta xúnior
  • Grand Prix Rüebliland, clasificación por puntos e 3 etapas (1ª, 2ª e 3ª CRI)
  • 1º Ain'Ternational–Rhône Alpes–Valromey Tour e 2 etapas (1ª e 4ª)

2014

  • 10º Campionato do Mundo en ruta sub-23
  • Baltic Chain Tour, clasificación por puntos, clasificación dos xoves e 1 etapa (4ª)
  • 1º Volta a Limburgo
  • Tour de Alsacia, 1 etapa (3ª)

2015

  1. González, Marco (2024-09-29). "Pogacar, campeón del mundo en Zúrich con un ataque a 100 km de meta". Diario AS (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2024. Consultado o 2024-09-29.
  2. Looy, Nicolas Van (2020-05-02). "Van Aert: “Van der Poel y yo no somos amigos”". Ciclo21 (en castelán). Consultado o 2020-05-07.
  3. "Mathieu van der Poel | Wins". www.procyclingstats.com. Consultado o 2020-05-07.
  4. Tejedor, Roberto (2019-09-29). "Mundial Yorkshire: Pedersen, la sorpresa danesa". Ciclo21 (en castelán). Consultado o 2020-05-07.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]