Mathieu Kérékou
Mathieu Kérékou | |
---|---|
Nacemento | 2 de setembro de 1933 |
Lugar de nacemento | Kouarfa |
Falecemento | 14 de outubro de 2015 |
Lugar de falecemento | Cotonou |
Nacionalidade | Benín |
Relixión | evanxelización |
Ocupación | político, militar e estadista |
Cónxuxe | Marguerite Kérékou e Béatrice Lakoussan |
Premios | Order of Merit of Benin |
Na rede | |
![]() ![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Mathieu Kérékou, nado en Kouarfa o 2 de setembro de 1933[1] e finado en Cotonou o 14 de outubro de 2015[2], foi un militar e político beninés, que foi Presidente de Benín entre o 26 de outubro de 1972 e o 4 de abril de 1991 e de novo dende o 4 de abril de 1996 até o 2006.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Estudou en escolas militares de Malí e o Senegal. Serviu no exército de Benín trala súa independencia (1960). Foi axudante de campo (1963) do presidente Hubert Maga, presidente do Consello Revolucionario das Forzas Armadas, cando o seu curmán, Maurice Kouandété levou a cabo un golpe militar en 1968. Comandante da unidade militar de Ouidah e xefe de persoal do exército de Dahomey.
En abril de 1972, tomou o poder por medio dun golpe militar que rematou co triunvirato gobernante no período de Justin Ahomadégbé-Tomêtin. En 1974, adoptou o marxismo-leninismo e o país pasou a chamarse "República Popular de Benín", prohibiu os partidos políticos e declarouse ditador.
En 1980, foi elixido presidente pola Asemblea Nacional Revolucionaria, e retirouse do exército en 1987. Así como o resto da África militarizada, en 1990 iniciou unha transición cara á democracia que Kerekou permitiu. En 1991, neste proceso de apertura democrática, perdeu as eleccións abertas cun 32 %, fronte ó economista Nicéphore Soglo (68 %). Tralo abandono do poder, pediu desculpas por “tódolos lamentables e deplorables incidentes” que se produciron no seu goberno.
Nas eleccións de 1996, volveu presentarse á presidencia, derrotando a Soglo cun 52,5 % na segunda rolda electoral. Reelixido en 2001 en circunstancias controvertidas, acusado de fraude electoral non houbo participación dos outros dous candidatos (Soglo e Adrien Houngbédji) na segunda volta electoral. Estabeleceu unha economía liberal, Benín participou en misións internacionais de paz. Reformou a Constitución en 2005, e convocou eleccións, mais fracasou no seu intento dun terceiro período, sendo vencido por Yayi Boni.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Après 29 ans de pouvoir, le Président Kérékou tire sa révérence" (en francés). IRIN. 6 de abril de 2006. Consultado o 15 de outubro de 2015.
après plus de 29 ans de pouvoir. Né le 2 septembre 1933 à Kouarfa dans le département de l'Atacora, dans le nord-ouest du Bénin, le Mathieu Kérékou a été pensionnaire des écoles des enfants
- ↑ "Bénin : Mathieu Kérékou n’est plus" (en francés). lanouvelletribune. 14 de outubro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 15 de outubro de 2015. Consultado o 15 de outubro de 2015.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mathieu Kérékou ![]() |