Mateo de París
Mateo de París | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | c. 1200 |
Lugar de nacemento | Inglaterra |
Falecemento | 1259 |
Lugar de falecemento | St Albans |
Soterrado | Inglaterra |
Nacionalidade | Reino de Inglaterra |
Relixión | Igrexa católica |
Alma máter | St Albans School |
Ocupación | cartógrafo, hagiographer, heraldista, iluminador, pintor, escritor e monxe |
Coñecido por | Chronica majora e The Lives of the Two Offas |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Mateo de París (en latín: Matthæus Parisiensis), nado ca. 1200 e finado en 1259, foi un monxe beneditino e historiador inglés, que viviu na abadía de St Albans en Hertfordshire[1].
Traxectoria[editar | editar a fonte]
A pesar do seu nome e do seu coñecemento do francés, naceu en Inglaterra, aínda que quizais estudou en París.
Continuou a redacción da Chronica Majora, onde dá unha visión negativa da política rexia, mentres que na súa obra abreviada, a Historia Anglorum (escrita cara a 1253), as pasaxes críticas foron expurgadas. Foi un vehemente defensor das ordes monásticas fronte ao clero secular e os mendicantes. Tamén resulta rechamante a franqueza coa que critica á corte pontificia.
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Vaughan, Richard: Matthew Paris. Cambridge University Press, 1984. p. I ISBN 978-0521066716