Matchbox Twenty (Orixinalmente chamada Matchbox 20 e actualmente matchbox twenty todo en minúscula, como adoita aparecer na maior parte do merchandising e álbums oficiais) é unha banda de rock alternativo estadounidense orixinaria de Orlando (fFlorida). Vendeu máis de 39 millóns de discos en todo o mundo cos lanzamentos de Yourself Or Someone Like You, Mad Season, e More Than You Think You Are. O seu último disco editado en estudio é Exaile on Mainstream, lanzado o 2 de outubro de 2007. Os actuais membros da banda son Rob Thomas, Paul Doucette, Kyle Cook e Brian Yale. Adam Gaynor (Guitarra rítmica) deixou a banda en 2005, despois de tocar nos primeiros tres álbums de estudio. Rob Thomas é o principal escritor de cancións e cantante líder, e creou a súa propia carreira solista ben establecida por el mesmo, despois de lanzar o seu álbum Something to be.