Masacre de Melilla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Masacre de Melilla

Data 24 de xuño de 2022
Lugar Melilla
Resultado n/d

O masacre de Melilla foi a matanza de varias decenas de migrantes da África subsahariana perpetrada pola xendarmaría de Marrocos co apoio da Garda Civil española no 24 de xuño de 2022 no valado de Melilla, durante un salto masivo de entre 500 e 2.000 persoas na alborada do mesmo día para cruzar a fronteira con España.[1][2][3] Na disputa do número de vítimas, segundo as fontes oficiais marroquís o balance foi de 23 migrantes e 2 xendarmes mortos e amais 76 migrantes e 140 xendarmes feridos.[1][4] En troques, as organizacións non gobernamentais a prol dos dereitos humanos elevaron a cifra de migrantes mortos até 37 e esixiron investigacións contra a acción policial desproporcionada.[4]

Ante o silencio informativo ao longo da xornada do acontecemento[3] e a filtración de vídeos e fotografías de moitos migrantes inconscientes, desatendidos, sanguentos, amoreados e mortos so custodia policial, a situación atraeu unha repercusión nos medios e unha consternación internacionais.[5][6] O Presidente do Goberno de España daquela, Pedro Sánchez Pérez-Castejón (PSOE) xustificou a intervención e apuntou que «hai que recoñecer o extraordinario traballo que fixo o Goberno marroquí en coordinación coas forzas e corpos de seguridade do Estado de España para probar a evitar un asalto violento e ben resolto por parte de ambas as dúas forzas de seguridade», alén de recoñecer e agradecer «a importancia de termos unhas relacións cun socio estratéxico como é Marrocos» e culpar as mafias como as únicas culpábeis dos feitos.[7][8]

Este episodio de matanza corresponde a unha serie histórica de acaecementos como a traxedia del Tarajal de 2014 en Ceuta, que sitúan Melilla e, por extensión, toda a fronteira entre España e Marrocos, como un símbolo da traxedia internacional en canto á política migratoria marrada da Unión Europea.[9]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Agence France-Presse (2022-06-25). The Guardian, ed. "Melilla: death toll from mass incursion on Spanish enclave rises to 23" (en inglés). Consultado o 2022-06-26. 
  2. Africa News, ed. (2022-06-25). "Drame de Melilla : les responsabilités pointées du doigt" (en francés). Consultado o 2022-06-26. 
  3. 3,0 3,1 Peregil, Francisco (2022-06-25). El País, ed. "La tragedia bajo la valla de Melilla que nadie pudo tapar en Marruecos" (en castelán). Consultado o 2022-06-26. 
  4. 4,0 4,1 Axencia EFE (2022-06-24). eldiario.es, ed. "Las ONG elevan a 37 los migrantes muertos en su intento de saltar la valla de Melilla" (en castelán). Consultado o 2022-06-26. 
  5. Keeley, Graham (2022-06-25). "Dozens of migrants piled together at Melilla border fence". Reuters (en inglés). Consultado o 26 de xuño de 2022. 
  6. El Món, ed. (2022-06-25). "La carnisseria d’immigrants a Melilla es gira contra el govern espanyol" (en catalán). Consultado o 2022-06-26. 
  7. El Triangle, ed. (2022-06-25). "Sánchez defensa al Marroc del fets del salt a Melilla: “Els responsables són les màfies”" (en catalán). Consultado o 2022-06-26. 
  8. Europa Press, ed. (2022-06-24). "Sánchez elogia el trabajo de Marruecos para intentar evitar el "asalto violento" en Melilla" (en castelán). Consultado o 2022-06-26. 
  9. Pelican, Michaela; Steinberger, Sofie (2017). "Melilla: Perspectives on a border town". Cologne Working Papers in Cultural and Social Anthropology (en inglés) (Institut Für Ethnologie, Universität zu Köln).