Masacre da raíña Anacaona e os seus súbditos, ilustración propagandista do século XVI deseñada por Theodor de Bry para o libro de Bartolomé de las CasasBrevísima relación de la destrucción de las Indias.Os cinco cacicados nos que estaba dividida a illa da Española no momento da chegada de Cristovo Colón. O territorio de Jaragua en marrón.
O cacicado de Jaragua estaba baixo o poder do cacique Bohechío. Despois da morte de Bohechío o territorio paso á súa irmá Anacaona. Ela mediaba entre os nativos de Jaragua e os casteláns. Tiña fama de ser unha administradora eficiente, unha muller fermosa e moi respectada. Naquela época, os casteláns tiñan alianza co cacique de Marién, Guacanagarix. Guacanagarix dixo aos españois que a tribo de Jaragua planeaba unha rebelión. Aínda que Anacaona sempre pagara o seu tributo, Ovando considerouna unha ameaza.
Segundo Bartolomé de las Casas, en 1503, Ovando aconsellou a Anacaona que visitaría a cidade de Jaragua cos seus homes para celebrar o progreso. Durante a celebración Ojeda e os seus homes volvéronse contra os nativos. Anacaona e outros nobres foron arrestados e acusados de conspiración e de tentar iniciar unha rebelión. Ovando fora a Jaragua con 300 homes e moitos nativos da tribo de Marien. En pleno festexo deuse un sinal preestablecido e os casteláns apoderáronse dos caciques e atacáronos. Así, morreron moitos dos indíxenas, entre eles 80 caciques foron queimados vivos e Anacaona foi aforcada.[2] Las Casas recolle que entre os masacrados había nenos. Escribe que os casteláns cortaron as pernas aos rapaces mentres corrían, e que mesmo cando uns casteláns tentaban salvar un neno poñéndoo sobre os seus cabalos, viña outro e "perforaba o neno cunha lanza".[3]
Por mor do masacre, o rei Fernando V depuxo e chamou a Ovando a España en 1509. Ovando morreu dous anos máis tarde, o 29 de maio de 1511.
Segundo las Casas, algúns dos que escaparon da masacre fuxiron á illa de Guanabo, a oito leguas de distancia, pero máis tarde foron detidos e escravizados polos españois. Tamén sinala que unha destas persoas foille entregada como escrava.[3][4]
Ayuso, Juan José (2003). Editora Manati', ed. En busca del pueblo dominicano(en castelán). p.184. ISBN9789993439202.
Floyd, Troy (1973). The Columbus Dynasty in the Caribbean, 1492-1526(en inglés). Albuquerque: University of New Mexico Press. ISBN9780826302830.
Las Casas, Bartolomé (1971). History of the Indies(en inglés). (trad. Andrée M. Collard). Nova York, Evanston e Londres: Harper & Row. ISBN9780061315404.