Masacre de Awa'uq

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O asentamento ou campamento de Grigori Xelihov na illa Kodiak.

O masacre de Awa'uq,[1][2] masacre de Refuge Rock,[2] ou masacre de Wounded Knee de Alasca[3] foi un masacre perpetrado polo comerciante de peles ruso Grigori Xelihov, axudado por homes armados da Compañía Xelihov-Golikov, contra un grupo de indios alutiiq o 14 de agosto de 1784 durante a era do dominio ruso de Alasca. O ataque produciuse na illa Sitkalidak, preto de Old Harbor en Refuge Rock (Awa'uq, en alutiiq), ao sur da illa Kodiak, no arquipélago Kodiak.[4]

En 1784, Grigori Xelihov, chegou á baía de Three Saints (preto da actual Old Harbor) na illa Kodiak, con dous barcos.[5] Os indíxenas koniaga da illa Kodiak (Qik’rtarmiut Sugpiat), unha nación de alutiiq nativos de Alasca, atacaron a expedición de Xelihov, que respondeu matando centos de persoas e facendo reféns para subxugar os outros. (Xelihov dixo ter feito máis de 1000 presos, mantendo 400 como reféns.[6]) Este masacre permite dominar as illas do archipélago. Estabelecendo a súa autoridade na illa de Kodiak, Xelihov fundou o segundo asentamento permanente ruso en Alasca (tras Unalaska) na illa, na baía de Three Saints.[6][7] O primeiro asentamento permanente por parte de Rusia estabeleceuse en 1784, cando Grigori Xelihov fundou unha colonia na illa de Kodiak, na baía de Three Saints.

Segundo outras fontes, os promyshlenniki rusos (os cazadores e comerciantes de peles) mataron 500 homes, mulleres e nenos en Refuge Rock,[8] aínda que algunhas fontes aumentan o número a 2000 vítimas,[6] e outras até 2 500-3 000 mortes.[9][10]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. (en inglés) Sven Haakanson, Jr. (2010), Written Voices Become History. A Being and Becoming Indigenous Archaeologists. George Nicholas (editor). Left Coast press, Inc., 2010.
  2. 2,0 2,1 Afognak Village Timeline.
  3. (en inglés) John Enders (1992), Archaeologist May Have Found Site Of Alaska Massacre, The Seattle Times, Domingo 16 agosto 1992.
  4. (en francés) Gordon L. Pullar, Ethnographie historique des villages sugpiat de Kodiak à la fin du XIXe siècle. In Giinaquq = Like a Face : Sugpiaq masks of the Kodiak archipelago (editores: Sven Haakanson Jr. and Amy Steffian), 2009. University of Alaska Press.
  5. «Alaska History Timeline». Consultado o 31 de agosto de 2005.
  6. 6,0 6,1 6,2 Ben Fitzhugh (2003), The Evolution of Complex Hunter-Gatherers: archaeological evidence from the North Pacific, Kluwer Academic/Plenum Publishers, Nova York, 2003.
  7. Aron L. Crowell (2001), Looking Both Ways, Heritage and Identity of the Alutiiq People. Fairbanks: University of Alaska Press, 2001.
  8. Korry Keeker, What it means to be Alutiiq / State museum exhibit examines Kodiak-area Native culture Arquivado 04 de xaneiro de 2013 en Wayback Machine., venres 25 de abril de 2003.
  9. The Afognak Alutiiq People: Our History and Culture Arquivado 13 de novembro de 2013 en Wayback Machine., Alutiiq, xullo 2008.
  10. Reuters : Grounded Shell Oil Rig Off Alaska Coast Still Has No Flooding Or Sheening, Despite Damage. Per Yereth Rosen (3 de xaneiro de 2013, Anchorage).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]