Saltar ao contido

María Balteira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «María a Balteira»)
Modelo:BiografíaMaría Balteira

Unha das miniaturas do Cancioneiro da Ajuda, onde se ve unha soldadeira a danzar e a tocar o pandeiro. Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(gl) María Peres Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(gl) María Pérez Editar o valor en Wikidata
século XIII Editar o valor en Wikidata
Armea (Coroa de Castela) Editar o valor en Wikidata
MorteDespois de 1267 Editar o valor en Wikidata
Salamanca (Coroa de Castela) Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturamosteiro de Santa María de Sobrado dos Monxes Editar o valor en Wikidata
Outros nomesA Balteira Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióntrobador, compositora, espía, soldadeira, Trobairitz, cantante Editar o valor en Wikidata
Período de actividade(Con vida en: século XIII Editar o valor en Wikidata)

Descrito pola fonteDictionary of Women Worldwide Editar o valor en Wikidata
Unha das miniaturas do Cancioneiro da Ajuda, onde se ve unha soldadeira danzando e tocando o pandeiro.

María Balteira,[1] ou María Peres, a Balteira, naceu en Armea (Coirós) no século XIII. Foi unha soldadeira[2] galega.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

O que se coñece da súa vida sábese principalmente por un documento asinado co mosteiro de Sobrado en 1257.

Era filla de Pedro Eanes de Guimaráns e de Azenda Peláez. Chegou a mercar unha bula de cruzada en Toledo para que as súas propiedades non se visen afectadas mentres traballaba fóra.

No contrato que asinou vendía ao mosteiro a súa herdade en Armeá, a cambio de protección. Recibiu do abade 230 soldos, amais de diversas cantidades de alimentos e tecidos que recibiría anualmente. Ela pola súa parte daría ao mosteiro cada ano varios manteis. En contraprestación, María Balteira sería soterrada no mosteiro, e o seu corpo levado alí en ataúde con cobertor vermello,[3][4]

Pegada na lírica medieval

[editar | editar a fonte]

Parece que as soldadeiras formaban parte da tradición lírica medieval galego-portuguesa e que elas bailaban mentres os xograres cantaban,[5] célebre pola súa presenza en varias cantigas de escarnio e maldicir. Aínda que é pouco o que se sabe dela:

é, aliás, a única destas mulheres de quem é possivel traçar uma biografia mínima. Originária de Armea na Galiza, Maria Peres teria nascido numa família da pequena nobreza, de quem vai herdar algumas propriedades...Do documento de venda de uma dessa suas herdades ao mosteiro galego de Sobrado, datado em 1257 ... se depreende que deve ter acabado confortavelmente os seus dias como familiar deste mosteiro.[6]

María frecuentou as cortes de Fernando III e Afonso X, até o punto de que este lle dedicou unha cantiga.:

Joan Rodríguiz foi osmar a Balteira
sa midida, per que colha sa madeira[7]

Debeu ter sido unha personaxe moi popular, pois é citada en 15 cantigas, a maioría dos Betanceiros, coma ela, Pero Garcia de Ambroa e Pedr´Amigo de Sevilla, pero tamén de Pero da Ponte.

Sería unha persoa moi supersticiosa:

María Balteira, que se quería
ir já daqui, veo-me preguntar
se sabia já quê d'agùiraria[8]

Pedr'Amigo de Sevilha

afeccionada ao xogo:

María Balteira, por que jogades
os dados, pois a eles descreedes?[9]

Pero García Burgalés

Os beesteiros daquesta fronteira
pero que cuidan que tiran mui ben
quero lhis eu conselhar ûa ren;
que non tiren con Maria Balteira[10]

Pedro de Ambroa

e de carácter licencioso:

O que veer quiser, ai, cavaleiro,
Maria Pérez, eve algun dinheiro;
Senon, non poderá i adubar prol[11]

Johan Vasquiz de Talaveira

pero fundamentalmente moi popular:

O que a Balteira ora quer vingar
das desonras que no mundo prendeu
se ben fezer non deva começar
en mi, que ando por ela sandeu[12]

Pedro de Ambroa
  1. "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-18. 
  2. "Muller que bailaba e realizaba exercicios ximnásticos durante a actuación de xograres ou trobadores. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para soldadeira. Consultado o 24 de febreiro de 2017.; "Mulher de vida airada, cantora e bailarina." Vocabulario das Cantigas de escarnho e de mal dizer. M. Rodrigues Lapa.
  3. Ventura, J. (2017). "O contrato de María Pérez Balteira con Sobrado". Grial (215): 134–141. 
  4. Menéndez Pidal, Ramón (1983). Poesía juglaresca y juglares. Aspectos de la historia literaria y cultural de España (8ª ed.). Madrid: Espasa - Calpe. 
  5. "A xulgar polas miniaturas do Cancioneiro da Ajuda, a soldadeira tiña un gran papel na execución da lírica galegoportuguesa". Menéndez Pidal Poesía árabe y poesía europea, 1941.
  6. Graça Videira Lopes, A Sátira nos cancioneiros medievais galego-portugueses. Editorial Estampa, Lisboa. ISBN 972-33-1079-1 Páx. 221
  7. Cantiga 11. Cantigas de escarnho e de mal dizer. M. Rodrigues Lapa
  8. Cantiga 331. Cantigas de escarnho e de mal dizer. M. Rodrigues Lapa
  9. Cantiga 376. Cantigas de escarnho e de mal dizer. M. Rodrigues Lapa
  10. Cantiga 315. Cantigas de escarnho e de mal dizer. M. Rodrigues Lapa
  11. 81. Lírica profana galego-potuguesa, Centro Ramón Piñeiro, 1996
  12. Cantiga 337. Cantigas de escarnho e de mal dizer. M. Rodrigues Lapa

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]