María Xosé Rodríguez Galdo
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) María José Rodríguez Galdo 23 de febreiro de 1949 (75 anos) Ferrol, España |
Actividade | |
Ocupación | economista |
María Xosé Rodríguez Galdo, nada en Ferrol o 23 de febreiro de 1949[1], é unha historiadora da economía galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Catedrática de Historia e Institucións Económicas, foi vicerreitora da Universidade de Santiago de Compostela (1984-1986), directora do Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA) (1986-1991), vicepresidenta do Consello da Cultura Galega, directora do Centro de Estudios de Población y Análisis de las Migraciones (CEPAM) e do portal www.emigratio.com, e pertence ao CIFEX e ao Seminario Mulleres e Universidades da USC. Dende 2009 é directora do Centro de Estudos Avanzados – Casa Europa[2].
Obra en galego
[editar | editar a fonte]Ensaio
[editar | editar a fonte]- A crise agraria de 1853 e a emigración galega a Cuba, 1977.
- O fluxo migratorio dos séculos XVIII ó XX, 1995.
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Textos para a historia das mulleres en Galicia, 1999, Consello da Cultura Galega (coordinadora).
Obra en castelán
[editar | editar a fonte]Ensaio
[editar | editar a fonte]- Señores y campesinos en Galicia, siglos XIV-XV, 1976.
- Crisis agrarias y crecimiento económico en Galicia en el siglo XIX, 1981 (con Fausto Dopico).
- Contribución española a la formación del mercado de trabajo en Argentina (1882-1926): una evaluación a partir de las listas de pasajeros argentinas, 2003.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Curriculum vitae" (PDF). Universidade de Alacant. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de febreiro de 2012. Consultado o 20 de xuño de 2019.
- ↑ "A profesora María Xosé Rodríguez Galdo tomará posesión como directora do Centro de Estudos Avanzados". usc.es. 29 de abril de 2009. Arquivado dende o orixinal o 01 de xullo de 2013. Consultado o 23 de febreiro de 2012.