Saltar ao contido

María José Ares Casal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMaría José Ares Casal
Biografía
Nacemento20 de abril de 1948 Editar o valor en Wikidata (76 anos)
Melide, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestra, política Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiJosé Ares Lois Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1617475

María José Ares Casal, nada en Melide o 20 de abril de 1948,[1] é unha política galega do PPdeG.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Filla de José Ares Lois. Foi directora do colexio Barrié de la Maza. Foi concelleira de Santa Comba polo PPdeG dende as eleccións municipais de 1991 e foi responsable de Cultura e Educación en tres lexislaturas, sendo posteriormente responsable de Educación e Asuntos Sociais. Foi elixida deputada do Parlamento de Galicia nas autonómicas de 1993. En maio de 2009 foi expulsada do PPdeG por non apoiar ao independente Miguel Pérez Fernández como alcalde na moción de censura de febreiro de 2008.[2] Nas municipais de 2011 encabezou a candidatura de Terra Galega e foi elixida concelleira. En 2015 abandonou a política.[3]

Notas

  1. Barrera 2002, p. 40.
  2. "El PP expulsa a María José Ares por romper el voto en Santa Comba". El Correo Gallego (en castelán). 22 de maio de 2009. 
  3. La Voz de Galicia, Santiago, 7-4-2015, p. L9.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]