José Ares Lois
José Ares Lois | |
---|---|
Nacemento | 1923 |
Falecemento | 31 de decembro de 2004 |
Lugar de falecemento | O Barreiro |
Nacionalidade | España |
Ocupación | mestre e político |
Fillos | María José Ares Casal |
[ editar datos en Wikidata ] | |
José Andrés Ares Lois, nado en 1923 e finado no Barreiro (Melide) o 31 de decembro de 2004,[1] foi un mestre e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Rexentou unha academia en Melide. Foi director do colexio número 1. Foi nomeado alcalde do concello de Melide en 1970. Permaneceu no cargo até febreiro de 1974. Como director do Colexio Nacional Comarcal de Melide, foi acusado de irregularidades na xestión en 1975.[2] Despois foi inspector de Educación.
Predecesor: José Núñez Souto |
![]() Alcalde de Melide 1970 - 1974 |
Sucesor: Manuel Rodríguez Cabaleiro |
Recoñecementos[editar | editar a fonte]
Unha rúa de Melide leva o seu nome.
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou con Carmen Casal Mariño e foi pai de María José Ares Casal.