Saltar ao contido

María Carmen González Quintela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMaría Carmen González Quintela
Biografía
Nacemento1957 Editar o valor en Wikidata (66/67 anos)
Sobradelo, España Editar o valor en Wikidata
Alcaldesa de Carballeda de Valdeorras
1991 – Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Carballeda de Valdeorras Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítica Editar o valor en Wikidata

María Carmen González Quintela, nada en Sobradelo (Carballeda de Valdeorras) en 1957, é unha política galega do PPdeG.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estivo na oposición do concello de Carballeda de Valdeorras durante oito anos encabezando a candidatura do PSdeG-PSOE. En 1991 foi elixida alcaldesa como cabeza da lista máis votada. En 1995 revalidou a alcaldía con maioría absoluta, e foi designada deputada provincial. En setembro de 1997 abandonou o PSdeG xunto coa práctica totalidade do seu grupo de goberno, por mor das súas discrepancias coa dirección do partido en torno á elaboración das candidaturas para as eleccións autonómicas dese ano. Negouse a renunciar como deputada provincial, pese ás peticións dos seus excompañeiros, e pasou a formar parte do grupo mixto da Deputación.

Constitueu a formación independente Unión de Carballeda de Valdeorras, á fronte da cal revalidou a alcaldía en 1999, 2003 e 2007, en tódalas ocasións con maioría absoluta.

Nas municipais de 2011 encabezou a lista do PPdeG e volveu a acadala alcaldía con maioría absoluta. Volveu ser elixida alcaldesa con maioría absoluta polo PPdeG en 2015, 2019 e 2023. Nese último ano foi designada deputada provincial.[1]


Predecesor:
Luis Antonio Cuadrado
 
Alcaldesa da Carballeda de Valdeorras
 
1991 - actualidade
Sucesor:
no cargo

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]