Unión de Carballeda de Valdeorras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

A Unión de Carballeda de Valdeorras é un partido político de ámbito municipal de Carballeda de Valdeorras. Liderado por María Carmen González Quintela, acadou nas Eleccións Municipais do 2003 o 70'29% dos votos, co que conseguiu 8 dos 11 concelleiros que forman a corporación do concello, conservando así a alcaldía. En 2007 obtivo o 64,44%, repetiu os 8 concelleiros e maila alcaldía.