Mary Adela Blagg
Mary Adela Blagg | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 17 de maio de 1858 |
Lugar de nacemento | Staffordshire e Cheadle |
Falecemento | 14 de abril de 1944 |
Lugar de falecemento | Staffordshire e Cheadle |
Causa | cardiopatía |
Nacionalidade | Reino Unido e Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda |
Ocupación | astrónoma e cartógrafa |
Pai | Charles John Blagg |
Nai | Frances Caroline Blagg |
Premios | Membro da Royal Astronomical Society |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Mary Adela Blagg, nada en Cheadle (Inglaterra) o 17 de maio de 1858 e finada o 14 de abril de 1954,[1] foi unha astrónoma británica, dedicada principalmente a temas lunares.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Estudou álxebra e alemán e elaborou unha lista de tódolos obxectos lunares. Unha vez publicou diversos artigos ingresou (xunto con outras catro mulleres, por primeira vez) na Real Sociedade Astronómica. Tamén formou parte da Unión Astronómica Internacional, onde elaborou un nomenclátor lunar (sistema uniforme de nomenclatura, xa que os mapas lunares discrepaban enormemente). Publicou Named Lunar Formations xunto con Karl Müller que é a referencia estándar neste tema.[2]Traballou noutros aspectos como o das estrelas variábeis publicando dez artigos na Royal Astronomical Society e fixo unha análise de Fourier da lei de Bode.
Por outra banda, foi voluntaria, por exemplo, atendendo nenos refuxiados belgas durante a primeira guerra mundial. Como recoñecemento, o cráter lunar Blagg leva o seu nome na súa honra.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Blagg, Mary Adela (1858–1944), astronomer". Oxford Dictionary of National Biography (en inglés). doi:10.1093/ref:odnb/9780198614128.001.0001/odnb-9780198614128-e-38825;jsessionid=2e0aa76a4ef5468d538a5a0771268e3d. Consultado o 2021-04-23.
- ↑ "Mary Adela Blagg, astrónoma". Mujeres con ciencia (en castelán). 2015-05-17. Consultado o 2021-04-23.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Daniel Roberto Altschuler e Fernando J. Ballesteros (2016). Las mujeres de la Luna. Historias de amor, dolor y valor. Editorial: Next Door Publishers e Jot Down Books (Colección El café Cajal). ISBN: 978-84-944435-4-1