Maruxa (filme de 1969)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Maruxa
Ficha técnica
Título orixinalMaruxa
DirectorJuan de Orduña
ProdutorTelevisión Española
GuiónAntonio Mas Guindal, Luis Pascual Frutos
Baseado enMaruxa (Vives)
IntérpretesMaría José Alfonso, Ramón Pons, Paca Gabaldón, Rafael Guerrero e José María Prada
MúsicaAmadeu Vives
FotografíaFederico G. Larraya
MontaxeJuan León e Magdalena Pulido
Estrea17 de abril de 1969
Duración82 minutos
OrixeGalicia Galicia
XéneroMusical

Maruxa é un telefilme rodado en Galicia, dirixido por Juan de Orduña e estreado en 1969. Trátase dunha adaptación para Televisión Española de Maruxa, a ópera do compositor catalán Amadeu Vives, sobre un libreto de Luis Pascual Frutos.

Argumento[editar | editar a fonte]

Maruxa e Pablo son dous pastores namorados que viven felizmente ata que un día chega Rosa, a dona do lugar e leva a Maruxa como criada para separala de Pablo, de quen tamén ela está namorada. Mentres, Antonio, noivo de Rosa, cheo de celos, tenta namorar a Maruxa. Pero o capataz Rufo intercede e fai que os pastores se volvan atopar e desbarata os plans de Rosa e Antonio.

Elenco[editar | editar a fonte]

Actores[editar | editar a fonte]

Voces[editar | editar a fonte]

Produción[editar | editar a fonte]

O filme foi rodado na provincia de Lugo, nas inmediacións do concello de Láncara. As voces que se escoitan non son as dos actores, senón que se utilizaron as dunha gravación de EMI dese mesmo ano dirixida por Federico Moreno Torroba.[1]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Maruxa". www.lazarzuela.webcindario.com. Consultado o 10 de agosto de 2018.