Marta Fernández-Tapias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Marta Fernández-Tapias
Nacemento1974
Lugar de nacementoVigo
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Complutense de Madrid
Ocupaciónpolítica
editar datos en Wikidata ]

Marta María Fernández-Tapias Núñez, nada en Vigo en 1974, é unha avogada e política galega do PPdG, delegada territorial da Xunta de Galicia na cidade de Vigo dende o ano 2020.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciada en dereito pola universidade Complutense de Madrid, é avogada, especialista en dereito mercantil e marítimo-pesqueiro. En novembro de 2016 foi nomeada Directora Xeral de Administración local na Xunta de Galicia, onde exerceu ata a convocatoria das eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020.[1]

Sucedendo no posto a Corina Porro, de setembro de 2020 a xuño de 2023 foi a delegada territorial da Xunta de Galicia na cidade de Vigo.[2] Sucedeuna Ana Ortiz Álvarez.

En decembro de 2021 foi elixida, polos militantes do seu partido, líder do PP en Vigo e en agosto de 2022 o comité electoral do PP de Vigo designouna como candidata á alcaldía da cidade para as Eleccións municipais de 2023 que se celebraron o 28 de maio, resultando elixida concelleira e liderando a oposición ao goberno do alcalde Abel Caballero.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Corina Porro
 Delegada da Xunta de Galicia en Vigo 
20202023
Sucesor:
Ana Ortiz Álvarez