Adventure (videoxogo de 1980)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde «Adventure»)
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Adventure
Atari Adventure Easter Egg on Atari (Jakks Pacific) Port.jpg
Desenvolvedor(es)Atari, Inc.
Distribuidora(s)Atari, Inc.
Deseñador(es)Warren Robinett
Lanzamento1980
XéneroAcción e aventuras
Modos de xogoUn xogador
Plataforma(s)Atari 2600
editar datos en Wikidata ]

Adventure é un videoxogo desenvolvido por Warren Robinett para o Atari Video Computer System (posteriormente chamado Atari 2600) e distribuído en 1980 por Atari, Inc. O xogador controla un avatar cadrado cuxa misión é explorar un ambiente aberto para atopar un cáliz máxico e devolvelo ao castelo dourado. O mundo do xogo está poboado de inimigos itinerantes: tres dragóns que poden comer o avatar e un morcego que rouba e esconde elementos ao azar polo mundo do xogo. Adventure introduciu novos elementos nos xogos de consola, incluíndo unha zona de xogo que abarca varias pantallas e inimigos que seguen movéndose cando están fóra da pantalla.

Modo de xogo[editar | editar a fonte]

En Adventure, o obxectivo do xogador é recuperar o cáliz encantado que un malvado mago roubou e escondeu no reino, e devolvelo ao Castelo Dourado.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Atari 1980, p. 1.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]