Marlon Santi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Marlon Santi
Nacemento1976
Lugar de nacementoSarayaku
NacionalidadeEcuador
Ocupaciónpolítico
Na rede
Twitter: marlon_santi Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Marlon René Santi Gualinga, nado en Sarayacu, na provincia de Pastaza en 1976,[1] é un político ecuatoriano de nacionalidade kichwa. Dende o 14 de xuño de 2016 é coordinador nacional de Pachakutik.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Marlon Santi entrou en contacto coa política coas loitas da súa comunidade nativa Sarayacu contra as empresas petroleiras. En 2004 converteuse en presidente de Sarayacu. Por mor da súa oposición ás petroleiras foi ameazado de morte.

O 12 de xaneiro de 2008 en Santo Domingo de los Tsachilas foi elixido por unanimidade presidente da CONAIE[1] como o líder máis novo na súa historia. Pouco despois de tomar posesión no cargo, a súa muller Miriam Cisneros foi secuestrada e torturada por autores descoñecidos.[2] Humberto Cholango, daquela presidente de ECUARUNARI, recoñeceuno polas súas capacidades organizativas.

Como presidente da CONAIE, Marlon Santi demandou a inmediata desmilitarización dos territorios indíxenas e expresou a súa solidariedade coa vila de Dayuma, onde se violaron os dereitos humanos e onde se quixo impedir o dereito a protesta. Tamén se opuxo ás políticas do goberno de Rafael Correa e á Asemblea Constituínte para impedir o saqueo da auga, o petróleo, os minerais e a biodiversidade nas terras e territorios dos pobos indíxenas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Ecuador: Marlon Santi de la Amazonia es el nuevo presidente de la CONAIE". servindi.org. Consultado o 6 de xullo de 2022. 
  2. "Ecuador: Secuestran por horas a esposa del presidente de la CONAIE". servindi.org. Consultado o 6 de xullo de 2022.