Mario Franco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Mario Franco
Nacemento27 de xullo de 1934
 Santiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor
editar datos en Wikidata ]

Mario Franco Rodríguez, nado en Santiago de Compostela o 27 de xullo de 1934, é un escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Obtivo o título de Bacharel na Academia Minerva, hoxe Colexio Peleteiro, no 1951. Traballou na pesca do bacallau nesa mesma década, emigrando a Venezuela no 1959. Comezou a escribir en 2004, xa xubilado, sobre as súas experiencias vitais.

Obras[editar | editar a fonte]

Narrativa[editar | editar a fonte]

  • Terranova. Memorias dun mariñeiro, 2004, Toxosoutos.
  • A derradeira campaña do capitán Samuel, 2007, Toxosoutos.
  • A capela maldita, 2008, Toxosoutos.
  • A liberdade perigosa, 2014, Punto Rojo Libros.

Premios[editar | editar a fonte]

  • Gañador da VI edición do Certame Avilés de Taramancos no 2007, por A derradeira campaña do capitán Samuel.
  • Gañador da VII edición do Certame Avilés de Taramancos no 2008, por A capela maldita.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]