Mario Casariego

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Mario Francisco Casariego Acevedo
Cardeal da Igrexa católica
Biografía
Nacemento13 de febreiro de 1909 en As Figueiras, Castropol
Pasamento15 de xuño de 1983 en Cidade de Guatemala
Ordes
Ordenación sacerdotal19 de xullo de 1936, por Mariano Rossell Arellano
Consagración episcopal27 de decembro de 1958, por Xoán XXIII
Creado cardeal28 de marzo de 1969, por Paulo VI
Arcebispo de Santiago de Guatemala
1964 - 1983
PredecesorMariano Rossell Arellano
SucesorPróspero Penados del Barrio
Outros
CardinalPallium PioM.svg
Escudo de Mario Casariego
Consolatio in Caritate
Ficha en catholic-hierarchy.org

Mario Francisco Casariego Acevedo, nado o 13 de febreiro de 1909 nas Figueiras (Castropol) e finado o 15 de xuño de 1983 na Cidade de Guatemala, foi un relixioso español, arcebispo de Santiago de Guatemala dende 1964 até o seu pasamento.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O 3 de outubro de 1930 profesou como membro dos Coéngos Regulares da Somasca, e o 19 de xullo de 1936 foi ordenado sacerdote por Mariano Rossell Arellano.

O 15 de novembro de 1958 foi nomeado bispo auxiliar de Santiago de Guatemala e bispo titular de Pudentiana. Recibiu a consagración episcopal de mans do papa Xoán XXIII o 27 de decembro.

O 12 de novembro de 1963 foi nomeado arcebispo coadxutor de Santiago de Guatemala e arcebispo titular de Perge. O 12 de decembro de 1964 sucedeu a Mariano Rossell como arcebispo metropolitano de Santiago de Guatemala.

O papa Paulo VI creouno cardeal co título de Cardeal-Presbítero de Santa Maria in Aquiro no consistorio do 28 de abril de 1969. Finou no cargo o 15 de xuño de 1983.