Marino López Blanco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Marino López Blanco
Nacemento1891
Lugar de nacementoA Habana
Falecemento1986
Lugar de falecementoCoral Gables
NacionalidadeCuba
Ocupaciónxornalista
editar datos en Wikidata ]
Marino López Blanco, retrato en Vida Gallega, 1919.

Marino López Blanco, nado na Habana en 1891 e finado en Coral Gables (Florida) en 1986, foi un notario, político e escritor cubano, descendente de galegos.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Banquete homenaxe a Mario López Blanco, director da revista Maruxa en 1917.

Fillo de José López Menéndez, natural de Viveiro, aos trece anos veu a Compostela, onde fixo o bacharelato e estudou na USC. Alí fundou e dirixiu o semanario Maruxa e a revista La Raza. Colaborou en Eco de Galicia. Regresou a Cuba, onde foi secretario particular da muller do presidente da República, Alfredo Zayas Alfonso. Foi avogado e notario oficial do Centro Galego, conselleiro e accionista do Banco de Fomento Comercial e director do Banco Hispano Cubano. No goberno de Batista (1940-1944), foi subsecretario de Traballo e Ministro de Comunicacións. Foi Senador e Representante na Cámara pola Habana dende 1938 ata a súa saída de Cuba. Na segunda etapa de Batista foi Ministro de Facenda e Traballo (1952).

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou en 1924 con Conchita Bouza Goás, filla de Jesús María Bouza Bello.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Intimo, 1917.
  • Beso de quimera, 1921.
  • Ensayo sobre el mimetismo político, 1931.
  • Maceo. Símbolo de la cubanidad, 1942.
  • Perennidad de Martí, 1956.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]