Saltar ao contido

Jesús María Bouza Bello

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJesús María Bouza Bello

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1873 Editar o valor en Wikidata
As Pontes de García Rodríguez, España Editar o valor en Wikidata
Morte21 de outubro de 1945 Editar o valor en Wikidata (71/72 anos)
A Habana, Cuba Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónempresario, político Editar o valor en Wikidata

Jesús María Bouza Bello, nado no Chamoselo (As Pontes de García Rodríguez) en 1873 e finado na Habana o 21 de outubro de 1945, foi empresario e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Emigrou a Cuba en 1885. Comerciante con Casas de Empeños e compra-venda e dono con Ramón Rambla Contreras de Rambla, Bouza y Cía, a imprenta que confeccionaba e editaba a Gaceta Oficial de la República de Cuba e o Diario de Sesiones del Congreso.[1] Foi o primeiro presidente da Sociedad de Instrucción, Recreo e Protección Mutua Naturales del Ayuntamiento de Puentes de García Rodríguez, creada na Habana o 28 de xaneiro de 1912. Foi tesoureiro do Centro Gallego de La Habana (1913-1914) e chegou á presidencia do Centro en 1926. En xuño de 1929 foi elixido presidente da agrupación Acción Gallega da Habana.[2] Foi presidente da empresa editora do Diario de la Marina en 1940.

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]
  • O rei Afonso XIII concedeulle a Gran Cruz de Beneficencia con distintivo branco.
  • Unha rúa das Pontes leva o seu nome.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con Consuelo Goás e foi pai de Conchita Bouza Goás, que casou en 1924 con Marino López Blanco.

  1. Españoles en Cuba en el siglo XX / Jorge Domingo Cuadriello, p. 17.
  2. Diario de la Marina, 20-6-1929, p. 21.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]