Saltar ao contido

Mariluz Congosto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMariluz Congosto
Biografía
Nacemento1956 Editar o valor en Wikidata (67/68 anos)
Henarejos, España (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Politécnica de Madrid Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióninvestigadora Editar o valor en Wikidata

Sitio webbarriblog.com Editar o valor en Wikidata
Twitter: congosto Instagram: mlcongosto LinkedIn: congosto Youtube: UCWxwdxQeDH83BiLajTAOfSg GitHub: congosto Editar o valor en Wikidata

Mariluz Congosto Martínez, nada en Henarejos en 1956, é unha informática, investigadora e docente española especializada en análise de redes sociais e visualización de datos .

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Licenciada en Informática pola Universidade Politécnica de Madrid (1974-1979), comezou a traballar como enxeñeira en Fujitsu (1980-1995) e dende o ano 2000 traballa en investigación e desenvolvemento con proxectos de innovación no ámbito das telecomunicacións para Telefónica (TESYS)., MORE, EOC). Dende 2000 a 2008 tamén realizou labores de divulgación tecnolóxica e colaborou coa Fundación Telefónica creando plataformas de publicación dixital.[1]

En 2008, doutorouse en Telemática pola Universidade Carlos III e iniciou unha faceta investigadora e docente en datos sociais, preferentemente en Twitter onde investiga a difusión e caracterización dos usuarios en Twitter dentro do ámbito de datos sociopolíticos. [2]

Mediante a análise de redes e a visualización de datos, desenvolve o obxectivo de descubrir patróns de comportamento, propagación de mensaxes e caracterización dos usuarios. O seu principal interese de investigación céntrase nos patróns nas redes sociais, como a caracterización dos usuarios, como se difunden as mensaxes e a análise dos acontecementos.[3][4]

Destaca o seu traballo sobre a análise cuantitativa da dinámica das redes sociais. Como docente, está especializada en visualización de datos, unha disciplina aplicada en enxeñería, economía ou xornalismo .[5]

Congosto desenvolveu a plataforma t-hoarder utilizada para capturar e mostrar datos sociais de Twitter e a plataforma metroaverias para medir a calidade do Metro de Madrid tal e como a perciben os usuarios das diferentes liñas de Metro. [2][6]

Actualmente é profesora honoraria do Departamento de Enxeñaría Telemática da Universidade Carlos III.[7]

  1. "Mariluz Congosto" (en castelán). Consultado o 2021-12-02. 
  2. 2,0 2,1 "M. Luz Congosto" (en castelán). Consultado o 2021-12-02. 
  3. "Mariluz Congosto | Tabakalera - Donostia / San Sebastián". Consultado o 2021-12-02. 
  4. "Mariluz Congosto - Detalle - La Aventura de Aprender". Consultado o 2021-12-02. 
  5. "Mariluz Congosto" (en castelán). Consultado o 2021-12-02. 
  6. "Mariluz Congosto | Medialab-Matadero Madrid". Consultado o 2021-12-02. 
  7. "Mariluz Congosto". Consultado o 2021-12-02.