Marija Šerifović
(2012) | |
Nome orixinal | (sr) Марија Шерифовић |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 14 de novembro de 1984 (39 anos) Kragujevac, Serbia |
Residencia | Kragujevac |
Educación | First Kragujevac Gymnasium (en) Megatrend University (en) |
Actividade | |
Ocupación | cantante |
Período de actividade | 2003 - |
Xénero artístico | Música pop |
Tesitura | Contralto |
Instrumento | Voz |
Selo discográfico | City Records |
Participou en | |
10 de maio de 2007 | Festival de Eurovisión 2007 |
Premios | |
| |
Páxina web | marijaserifovic.eu… |
Marija Šerifović, nada en Kragujevac o 14 de novembro de 1984, é unha cantante serbia. Gañou o Festival de Eurovisión 2007 coa canción "Molitva" (en galego, "Unha pregaría"). É filla de Verica Šerifović, tamén unha cantante coñecida. Tamén foi unha dos xuíces en Eurosong para elixir a representación de Irlanda no Festival de Eurovisión 2008 e cantou Molitva para cerrar o programa. Tamén foi membro do xurado internacional do Melodifestivalen 2009 , que seleccionou ao representante de Suecia no Festival de Eurovisión 2009.
Carreira musical
[editar | editar a fonte]Álbums
[editar | editar a fonte]Marija Šerifović debutou co álbum Naj, Najbolja que foi lanzado no ano 2003 e tivo unha boa acollida. O maior éxito do álbum foi o seu primeiro sinxelo Znaj da znam composto por Darko Dimitro'. No verán de 2005, lanzou un novo sinxelo, Agonija, que era unha versión da canción Olo Leipeis, da superestrela grega Despina Vandi.
O seu segundo álbum de estudio, chamado Bez Ljubavi foi lanzado no ano 2006, e foi tan exitoso como o seu álbum de estrea. A comezos de 2006, lanzou o primeiro sinxelo do álbum, a canción principal. O 28 de xuño de 2007 lanzou un álbum chamado Marija Šerifović: Molitva - The Best Of.
O terceiro álbum de estudio de Marija, Nisam Anđeo, foi lanzado na primavera de 2008, e contiña nove novas cancións.
Festivais
[editar | editar a fonte]En 2003 Marija participou no Festival de Budva coa canción Gorka čokolada novamente composta por Darko Dimitrov. En 2004 volveu participar no mesmo festival cunha canción chamada Bol do ludila e gañou o primeiro premio. Para o Beovizija de 2005, entón era a semifinal Serbia, do antigo festival de pre-selección de Serbia e Montenegro para o Festival de Eurovision, Evropesma, a canción foi chamada Ponuda, e chegou ao posto 18. Ese mesmo ano, entrou como favorita e gañou o Festival Serbio de Radio coa canción U nedelju, composta por Leontina Vukomanović. Tamén recibiu o premio á mellor voz.
Concertos
[editar | editar a fonte]O 21 de febreiro, no ano 2007, Šerifović deu o seu primeiro concerto en solitario no Sava Centar de Belgrado, converténdose nunha ruptura no panorama musical serbio. Asistiron 4.000 espectadores.
Durante as Eleccións parlamentarias croatas de 2007, Marija Serifovic cantou en Zagreb para o Partido Democratico Independente Serbio.
Beovizija e o Festival de Eurovision 2007
[editar | editar a fonte]Šerifović gañou o Beovizija coa canción Molitva o 8 de marzo, proclamouse vencedora combiando os votos do xurado e o televoto, converténdose así na primeira representante da recente independente Serbia no Festival de Eurovisión 2007 en Helsinqui, Finlandia. A canción tamén foi grabada en inglés como Destiny e tamén en finés como Rukoilen. Tamén hai unha versión en ruso da canción, chamada Molitva (Молитва).
Como parte da súa xira promocional para o Festival de Eurovisión, Šerifović visitou Bosnia e Hercegovina, Croacia, a Macedonia do Norte, Suíza e Grecia. Aínda que se levou acabo unha promoción por vídeo, orixinalmente planeouse unha película documental que debería incluír tanto o vídeo musical como os preparativos para o Festival da Canción de Eurovision.
O 12 de marzo, foi realizado o sorteo para a orde de saída da semifinal. Serbia foi o décimo quinto país en participar na semifinal, e clasificouse para a final, onde presentaron a súa canción no posto dezasete, despois de Alemaña e antes de Ucraína. A súa canción Molitva gañou o Festival de Eurovisión de 2007.
Ante a prensa despois de Eurovisión Marija dixo: "Esta noite, eu estou moi orgullosa de ser serbia!"
Cando ela aterrou no Aeroporto de Belgrado Nikola Tesla, 70.000–100.000 persoas prepararon unha festa para ela fronte a Asemblea Cívica de Belgrado.
Deu un concerto na súa cidade natal, Kragujevac, o 25 de maio en fronte do concello. Cantou diante de 60.000 persoas que acudiron a celebrar o triunfo en Eurovisión. Ela explicou que o concerto fora diferente en Kragujevac porque naquela vila cantou diante dos seus amigos, colegas, profesores, veciños e aqueles que coñece na súa vida diaria.
Política
[editar | editar a fonte]O 24 de decembro de 2007 en Kragujevac, e o 15 de xaneiro en Belgrado, Šerifović cantou a canción coa que gañou Eurovisión "Molitva" nun mitin electoral do Partido Radical Serbio. Tamén apoiou a candidatura presidencial de Tomislav Nikolíc e agregou que a súa canción era "unha plegaria para unha nova, diferente e máis honesta Serbia". Moitos dos seguidores de Šerifović quedaron decepcionados coa súa decisión de apoiar ao Tomislav Nikolíc para presidente, considerando que a plataforma do Partido Radical Serbio está tradicionalmente baseada nunha Gran Serbia ideal (considerado perigoso por algúns países localizados preto de Serbia), e o feito de que o líder do Partido Radical Serbio, Vojislav Šešelj estea preso pola posguerra do TPIY na Haia. Houbo moitas especulacións de que escritores de cancións como Sasa Milosevic Mare e Vladimir Grajić Graja, que escribiron a canción eurovisiva Molitva, deixaron de traballar no novo álbum de Šerifović polas súas opinións políticas.
A Unión Europea está considerando se Marija Serifovic debe seguir no seu papel como uns dos quince embaixadores interculturales nomeados polo Ano Europeo do Diálogo Intercultural (2008) debido ás súas inclinacións nacionalistas.
Porén, antes de que Šerifović fora a Helsinqui, Marija participaba na Radio Televisión de Serbia nun programa chamado Avalski toranj, onde cada un dos catro invitados daba os nomes dos tres serbios máis importantes de todos os tempos; como unha das súas eleccións, Šerifović elixiu a Zoran Đinđić, un ex Primeiro Ministro serbio e líder do Partido Demócrata de Serbia. Tamén, a finais de 2007, Šerifović foi a Zagreb para apoiar a Milorad Pupovac, un líder do Partido Independente Democrático de Serbia nas eleccións parlamentarias de Croacia en 2007.
Discografía
[editar | editar a fonte]Ano | Álbum |
---|---|
2003 | "Naj, Najbolja"
|
2006 | "Bez Ljubavi"
|
2008 | "Nisam Anđeo"
|
2009 | "Anđeo"
|
Álbums de compilación
[editar | editar a fonte]Ano | Álbum |
---|---|
2007 | "Molitva - The Best Of"
|
Singles
[editar | editar a fonte]Ano | Single | Posición nas listas | Álbum | |
---|---|---|---|---|
RS | EU | |||
2003 | "Znaj da znam" | Naj, Najbolja | ||
"Naj, najbolja" | ||||
"Gorka čokolada" | Bez Ljubavi | |||
2004 | "Bol do ludila" | |||
2005 | "Ponuda" | Ponuda CDS | ||
"Agonija" | Agonija CDS | |||
"U nedelju" | Bez Ljubavi | |||
2006 | "Bez ljubavi" | |||
"101" | ||||
2007 | "Molitva" | Molitva CDS, Molitva - The Best Of | ||
2008 | "Nisam Anđeo" | Nisam Anđeo | ||
2009 | "Šta da zaboravim" | Anđeo | ||
2010 | "Jedan vidi sve" |
Vídeos musicais
[editar | editar a fonte]- 2003 - "Znaj da znam"
- 2004 - "Bol do ludila"
- 2005 - "Ponuda"
- 2005 - "Agonija"
- 2005 - "U nedelju"
- 2007 - "Molitva"
- 2009 - "Sta da zaboravim"
- 2010 - "Jedan vidi sve"
Cancións sen álbum
[editar | editar a fonte]2005
[editar | editar a fonte]- Ponuda, realizada no Beovizija 2005, lanzado no CD recompilatorio do Beovizija
- Agonija
2007
[editar | editar a fonte]- Bez tebe
- Molitva,canción gañadora do Beovizija 2007 e Eurovision Song Contest 2007
- Molitva - The best of
Premios e nomeamentos
[editar | editar a fonte]Ano | Premio | Categoría | Resultado |
2007 | Marcel Bezençon Awards | Premio Artístico | Gañadora |
2007 | MTV Music Awards | Mellor artista coa mellor interpretación vocal | Gañadora |
2007 | MTV Music Awards | Mellor artista de Serbia | Gañadora |
2008 | MTV Music Awards | Mellor artista internacional máis querida | Nomeada |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Marija Šerifović |