Saltar ao contido

Mariano Gamir Ulibarri

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMariano Gamir Ulibarri
Biografía
Nacemento1877 Editar o valor en Wikidata
Madrid Editar o valor en Wikidata
Morte28 de xullo de 1962 Editar o valor en Wikidata (84/85 anos)
Valparaíso de Abajo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1893 Editar o valor en Wikidata -
Carreira militar
LealdadeBando republicano Editar o valor en Wikidata
Rama militarExército de Terra de España Editar o valor en Wikidata
Rango militarxeneral de brigada Editar o valor en Wikidata
Participou no conflitoguerra civil española Editar o valor en Wikidata
Familia
PaisJosé Gámir y Maladén Editar o valor en Wikidata  e Emilia Ulibarri Bote Editar o valor en Wikidata
IrmánsEmilio Gámir y Ulibarri Editar o valor en Wikidata

WikiTree: Gámir_y_Ulibarri-2

Mariano Gamir Ulibarri, nado en Madrid en 1877 e finado en Valparaíso de Abajo (Cuenca) en 1962, foi un militar español.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Formado na Escola Militar de Toledo, da que logo foi director.[1] Segundo Payne, Gamir era un militar competente e apolítico,[2] que xa era xeneral de brigada no tempo da sublevación militar que o 17 de xullo de 1936 deu orixe á guerra civil española. Mantívose fiel á República e, esta fidelidade foi clave para que Valencia,[3] onde estaba destinado, non triunfase a sublevación pois, nos primeiros días, como xefe da brigada de infantaría da III División orgánica, participou na detención e esmagamento da sublevación. Posteriormente, estivo á fronte das tropas republicanas na fronte de Teruel[1]e dirixiu as operacións na zona do río Alfambra durante a Batalla de Teruel.

Fronte do Norte

[editar | editar a fonte]

Destinado na fronte, tivo que retirarse en Bilbao e estivo ao mando do Exército do Norte na batalla de Santander do 14 de agosto ao 1 de setembro de 1937.[4] Cesado 'de facto' para dirixir novas operacións militares, enviouselle á inspección de Ensinanza Militar e a Cataluña como parte do grupo de militares españois que organizou a saída das Brigadas Internacionais en 1938. No final da guerra fuxiu a Francia onde residiu ata 1955, ano en que regresou a España por non ter xa condenas pendentes.

  • Gámir Ulibarri, Mariano; Miaja, J. (1939). "De mis memorias". Guerra de España 1936-1939. Campaña del norte. Comisión internacional. Ediciones Estrella.
  1. 1 2 Thomas (1976), p. 742
  2. Payne (1975), p. 209
  3. Romero Salvadó (2013), p. 141
  4. O titular antes da batalla do mando do Exército do Norte era o xeneral Francisco Llano de la Encomienda

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]