Mariano Fernández Bermejo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de febreiro de 1948 (76 anos) Arenas de San Pedro, España |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
25 de marzo de 2008 – 27 de setembro de 2011 Lexislatura: IX lexislatura de España Circunscrición electoral: Murcia Electo en: Eleccións Xerais 2008 en España | |
Ministro de Xustiza de España | |
12 de febreiro de 2007 – 23 de febreiro de 2009 ← Juan Fernando López Aguilar – Francisco Caamaño → | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade Complutense de Madrid |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | político, xurista, avogado |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español |
Premios | |
Mariano Fernández Bermejo, nado en Arenas de San Pedro (Ávila), o 10 de febreiro de 1948, é un fiscal e político español.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciouse en Dereito pola Universidade Complutense de Madrid en novembro de 1969. Ingresou na carreira fiscal en marzo de 1974. A seguir foi avogado fiscal da Audiencia provincial de Santa Cruz de Tenerife entre abril dese ano e decembro de 1976, e despois foi destinado no mesmo posto á audiencia de Cáceres (ata outubro de 1981). Nesa época consegue unha praza de profesor auxiliar interino de Dereito Penal na Universidade de Estremadura (1977-1980, e posteriormente na UNED durante un curso. En 1981 ascende a tenente fiscal e destínano á audiencia provincial de Segovia, posto que ocupará ata que en decembro de 1984 sexa nomeado fiscal xefe nesa mesma audiencia.
Entre 1986 e 1989 ten a súa primeira experiencia política, ao traballar como asesor do ministro de Xustiza, primeiro con Fernando Ledesma e despois con Fernando Múgica. Durante esta etapa participa nos estudos que precederon á reforma da lexislación sobre menores, Código civil incluído, así coma na elaboración e seguimento parlamentario do Proxecto de Reforma da Lei de Axuizamento Criminal e na elaboración do Proxecto de Decreto regulador da Policía Xudicial.
Dimitiu en 1989 para ocupar o cargo de fiscal do Tribunal Supremo. Desde xullo de 1992 a xullo de 2003 ocupa o cargo de fiscal xefe do Tribunal Superior de Xustiza da Comunidade de Madrid. Nesa data é substituído e pasa a desempeñar o posto de fiscal na sección de contencioso administrativo da Fiscalía de Madrid. Desde xullo de 2004 a febreiro de 2007 ocupa o cargo de fiscal xefe de sala da sección de contencioso administrativo do Tribunal Supremo. O 12 de febreiro de 2007 regresa á política ao ser designado por José Luis Rodríguez Zapatero como ministro de Xustiza.
En febreiro de 2009 o xuíz Baltasar Garzón inicia unha operación xudicial contra delitos de corrupción onde se vén implicados políticos do Partido Popular e fíltrase á prensa que neses días Baltasar Garzón fora de cacería a Xaén con Fernández Bermejo. Nos días seguintes coñécese o custo da cacería e que o ministro carecía de permiso de caza na comunidade autónoma de Andalucía, e o 23 de febreiro presenta a súa dimisión.
É membro cofundador da Unión Progresista de Fiscais (UPF)
Premios e condecoracións
[editar | editar a fonte]- Cruz de Honra de San Raimundo de Peñafort.
- Cruz de Prata ó Mérito da Garda Civil.
- Medalla ó Mérito Policial, con distintivo branco.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Nos anos 60 era o baixista do grupo Los Cirros[1].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Cuando el ministro era bajista pop, El País, 11/2/2007
Predecesor: Juan Fernando López Aguilar |
Ministro de Xustiza de España 2007 - 2009 |
Sucesor: Francisco Caamaño |