Mari Paz Vilas
Mari Paz Vilas | |||
---|---|---|---|
| |||
Información persoal | |||
Nome | María de la Paz Vilas Dono | ||
Nacemento | 1 de febreiro de 1988 (35 anos) | ||
Lugar de nacemento | Vilagarcía de Arousa | ||
Altura | 1,60 m. | ||
Posición | Dianteira | ||
Información de club | |||
Club actual | Valencia CF | ||
Carreira xuvenil | |||
Arosa | |||
2002–2006 | Atlético Arousana | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2006–2008 | Levante UD | ||
2008–2011 | FC Barcelona | ||
2011-2013 | RCD Espanyol | ||
2013- | Valencia CF | ||
Selección nacional | |||
2006-2007 | España sub-19 | 9 | (9) |
2008- | España | 13 | (12) |
2007- | Galicia | 2 | (3) |
Na rede | |||
![]() ![]() ![]() | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
María de la Paz Vilas Dono, máis coñecida coma Mari Paz Vilas, nada o 1 de febreiro de 1988 en Vilagarcía de Arousa é unha futbolista galega que xoga na demarcación de dianteira. O seu actual equipo é o Valencia CF.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Comezou a xogar en categorías inferiores no Arosa, pasando en 2002 ao Atlético Arousana. A súa calidade fixo que se interesaran nela equipos coma o Atlético de Madrid ou o Levante UD, fichando por este último no ano 2006.
No equipo levantinista debutou na Superliga e gañou a Copa da Raíña (anotando un dobrete na final) o primeiro ano, na segunda e última tempada no club o equipo gañou o torneo ligueiro. Ese verán fichou polo FC Barcelona, equipo co que gañou outra vez a Copa da Raíña e a Copa de Cataluña en tres ocasión.
En 2011 fichou polo RCD Espanyol, equipo no que repetiu experiencia na Copa da Raíña levantandose co título, anotando na final e sendo nomeada mellor xogadora do torneo.
En 2013 cambiou de equipo, fichando polo Valencia CF.
Palmarés[editar | editar a fonte]
Título | Club | Localización | Ano |
---|---|---|---|
Copa da Raíña | Levante UD | ![]() |
2007 |
Liga Española | 2008 | ||
Copa da Raíña | FC Barcelona | 2011 | |
RCD Espanyol | 2012 | ||
Copa Cataluña | F. C. Barcelona | ![]() |
2009 |
2010 | |||
2011 | |||
R. C. D. Espanyol | 2013 |
Recoñecementos[editar | editar a fonte]
Dende xullo de 2016 o campo municipal de Bamio, en Vilagarcía, leva o seu nome[1].
En decembro de 2016 recibiu o galardón á mellor futbolista do ano e ao mellor gol do ano na Gala do Fútbol Feminino Galego[2]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "La parroquia de Bamio se rinde ante su futbolista más internacional: Mari Paz Vilas". Diario de Arousa (en castelán). 20 de xullo de 2016.
- ↑ "Mari Paz Vilas, gran protagonista da Gala do Fútbol Feminino Galego". Pontevedra Viva. 31 de decembro de 2016.