Marià Vayreda
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (ca) Marian Vayreda 14 de outubro de 1853 Olot, España |
| Morte | 6 de febreiro de 1903 Barcelona, España |
| 7 de outubro de 1900 – 26 de maio de 2001 ← Josep Franquesa i Gomis – Supresión do cargo → | |
| Actividade | |
| Ocupación | escritor, pintor, militar |
| Membro de | |
| Familia | |
| Irmáns | Estanislao Vayreda y Vila Joaquín Vayreda y Vila |
| Parentes | Marià Oliveras i Vayreda, neto |
| Descrito pola fonte | Diccionario biográfico y bibliográfico de escritores y artistas catalanes del siglo XIX (1889-1895), (vol:II, sec:Vayreda (D. Mariano), p.725) |

Marià Vayreda i Vila, nado en Olot en 1853 e finado en 1903, foi un escritor catalán.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu no seo dunha familia da nobreza rural, ideoloxicamente carlista, irmán de Joaquim Vayreda, pintor e Estanislau Vayreda, botánico. Tras a morte do seu pai en 1872 formou parte do estado maior de Francesc Savalls durante a Terceira Guerra Carlista.
En 1874 tras a guerra instálase co seu irmán Joaquim e o pintor Josep Berga en Seta (Rosellón), e alí comeza a pintar, marcha a París para estudar con Jean-Léon Gérôme, regresou a Barcelona en 1877 e matriculouse na Escola de Belas Artes. En 1878 instálase en Olot e dedícase a pintar paisaxes e escenas costumistas e históricas.
En Olot fundou a revista literaria El Olotense, que en 1890 catalanizou o seu nome, converténdose en L'Olotí e Marià integrouse no catalanismo conservador local aínda que ata 1896 mantivo a militancia carlista. En 1891 publica en La Veu de Catalunya o seu primeiro conto, El roure dels penjats.
En 1898 publicou Records de la darrera carlinada, baseada nos recordos autobiográficos durante a súa participación na terceira guerra carlista, mesturado cunha fina ironía, En 1900 sae do prelo a novela Sang nova (1900), novela de tese centrada no catalanismo conservador. La punyalada (1904) a súa mellor obra, publicouse postumamente.