Margot Kidder
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (en) Margaret Ruth Kidder 17 de outubro de 1948 Yellowknife, Canadá |
| Morte | 13 de maio de 2018 Livingston |
| Causa da morte | suicidio, sobredose |
| Relixión | Ateísmo |
| Educación | Havergal College (en) Magee Secondary School (en) |
| Actividade | |
| Ocupación | actriz de televisión, produtora, actriz de teatro, actriz de dobraxe, actriz de cinema, actriz |
| Período de actividade | 1965 |
| Partido político | Partido Demócrata |
| Familia | |
| Cónxuxe | Philippe de Broca (1983–1984) John Heard (1979–1979) Thomas McGuane (1975–1977) |
| Parella | Brian De Palma |
| Fillos | Maggie McGuane ( |
| Pai | Sidney "Kendall" Kidder |
| Premios | |
| Descrito pola fonte | Margot Kidder, Actress Who Found Movie Stardom in ‘Superman,’ Dies at 69 (en) |
| Sitio web | margotkidder.com |
Margaret Ruth "Margot" Kidder, nada en Yellowknife o 17 de outubro de 1948 e finada en Livingstone (Montana) o 13 de maio de 2018 foi unha actriz e activista canadense. Logrou a fama polo seu papel como Lois Lane na serie de filmes de Superman con Christopher Reeve.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Kidder comezou a súa carreira na década de 1960 en filmes canadenses de pouco orzamento e series de televisión antes de protagonizar Quackser Fortune Has a Cousin in the Bronx (1970).
Apareceu entón interpretando xemelgas no thiller de Brian De Palma Sisters (1973); tamén actuou en Black Christmas (1974) e o drama The Great Waldo Pepper (1975), con Robert Redford. A súa intervención como Kathy Lutz en The Amityville Horror (1979) deulle maior popularidade.
Tras un episodio maníaco de gran publicidade e un ataque de nervios en 1996, a súa carreira comezou a diminuír. Porén, no século XXI mantivo un traballo constante en filmes independentes e na televisión, con papeis secundarios en Smallville, Brothers & Sisters e The L Word. En 2015, gañou un premio Emmy pola súa interpretación na serie infantil R.L. Stine's The Haunting Hour. Tamén actuou no teatro, destacando a produción de Broadway de 2002 The Vagina Monologues.
En 2005, Kidder nacionalizouse estadounidense. Nos últimos anos foi voceira de movementos políticos, ecoloxistas e antibélicos.[1] Faleceu o 13 de maio de 2018 na súa casa de Livingston, Montana.
Filmografía
[editar | editar a fonte]| Ano | Título | Personaxe | Notas |
|---|---|---|---|
| 1968 | The Best Damn Fiddler from Calabogie to Kaladar | Rosie Prometer | |
| 1969 | Gaily, Gaily | Adeline | |
| 1970 | Quackser Fortune Has a Cousin in the Bronx | Zazel | |
| 1973 | Sisters | Danielle Breton / Dominique Blanchion | |
| 1974 | A Quiet Day in Belfast | Brigit Slattery/Thelma Slattery | Canadian Film Award á mellor actriz |
| 1974 | The Gravy Train | Margue | |
| 1974 | Black Christmas | Barbara 'Barb' Coard | Canadian Film Award á mellor actriz |
| 1975 | The Great Waldo Pepper | Maude | |
| 1975 | The Reincarnation of Peter Proud | Marcia Curtis | |
| 1975 | 33 graos á sombra | Miranda | |
| 1978 | Shoot the Sun Down | The Woman from England | |
| 1978 | Superman | Lois Lane | Saturn Award á mellor actriz |
| 1979 | The Amityville Horror | Kathy Lutz | Candidata - Saturn Award á mellor actriz |
| 1980 | Willie & Phil | Jeannette Sutherland | |
| 1980 | Superman II | Lois Lane | Candidata - Saturn Award á mellor actriz |
| 1981 | Heartaches | Rita Harris | Genie Award á mellor actriz protagonista |
| 1982 | Miss Right | Juliette | |
| 1982 | Some Kind of Hero | Toni Donovan | |
| 1983 | Trenchcoat | Mickey Raymond | |
| 1983 | Superman III | Lois Lane | Cameo |
| 1985 | Little Treasure | Margo | |
| 1986 | GoBots: Battle of the Rock Lords | Solitaire (voz) | |
| 1986 | Keeping Track | Mickey Tremaine | |
| 1987 | Superman IV: The Quest for Peace | Lois Lane | Cameo |
| 1989 | Mob Story | Dolores | |
| 1990 | White Room | Madelaine X | |
| 1991 | Delirious | Woman in Washroom | Sen acreditar |
| 1992 | Aaron Sent Me | Kaitlynn Prescott | |
| 1993 | La Florida | Vivy Lamori | |
| 1994 | One Woman's Courage | Stella Jenson | |
| 1994 | The Pornographer | Irene | |
| 1994 | Maverick | Margret Mary | Sen acreditar |
| 1994 | Beanstalk | Doctor Kate 'Doc' Winston | |
| 1994 | WindRunner | Sally 'Mom' Cima | |
| 1995 | Never Met Picasso | Genna Magnus | |
| 1997 | Shadow Zone: My Teacher Ate My Homework | Sol | |
| 1997 | Silent Cradle | Cindy Wilson | |
| 1997 | Henry & Verlin | Mabel | |
| 1997 | The Planet of Junior Brown | Miss Peebs | |
| 1999 | The Hi-Line | Laura Johnson | |
| 1999 | Nightmare Man | Lillian Hannibal | |
| 1999 | The Clown at Midnight | Ellen Gibby | |
| 1999 | The Annihilation of Fish | Mrs. Muldroone | |
| 2000 | Apocalypse III: Tribulation | Eileen Canboro | |
| 2002 | Angel Blade | Frida | |
| 2002 | Crime and Punishment | Katerina Marmelodov | |
| 2004 | Chicks with Sticks | Edith Taymore | |
| 2004 | Death 4 Told | Madam Badeau | Scream Awards á mellor actriz |
| 2006 | Superman II: The Richard Donner Cut | Lois Lane | |
| 2008 | Universal Signs | Rose Callahan | |
| 2008 | Love at First Kill | Beth | |
| 2008 | On the Other Hand, Death | Dorothy | |
| 2008 | A Single Woman | Storyteller | |
| 2009 | Something Evil Comes | Claudia Brecher | |
| 2009 | Halloween II | Barbara Collier | |
| 2011 | Redemption: For Robbing the Dead | Marlys Baptiste | |
| 2011 | Three of a Kind | Claire | |
| 2012 | HENRi | Dr. Calvin | Curtametraxe |
| 2013 | Matt's Chance | Mother Mable | |
| 2013 | Real Gangsters | Stella Kelly | |
| 2014 | The Dependables | Jean Dempsey | |
| 2014 | The Big Fat Stone | Madge | |
| 2015 | No Deposit | Margie Ryan | |
| 2016 | The Red Maple Leaf | Amanda Walker | |
| 2017 | The Neighborhood | Maggie | |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Margot Kidder arrested at White House oil protest". CBC News. 11 de agosto de 2011. Consultado o 31 de xaneiro de 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Margot Kidder |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial
- Article: From paranoid delusions to orthomolecular medicine Arquivado 14 de maio de 2011 en Wayback Machine.
- Canadian Film Encyclopedia
- The Best Damn Fiddler from Calabogie to Kaladar Arquivado 14 de xullo de 2018 en Wayback Machine.