Margarida I de Borgoña
Margarida I de Borgoña | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 1309 |
Falecemento | 9 de maio de 1382 e 29 de maio de 1382 |
Lugar de falecemento | París |
Soterrada | Basílica de Saint-Denis |
Nacionalidade | Francia |
Ocupación | política |
Pai | Filipe V de Francia |
Nai | Joana II, Condessa da Borgonha |
Cónxuxe | Louis Ier de Flandre |
Fillos | Luís II de Flandres |
Irmáns | Blanche van Frankrijk, Isabella of France, Dauphine of Viennois e Xoana III de Borgoña |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Margarida de Francia ou Margarida I de Borgoña[1], nada en 1309 e finada o 9 de maio de 1382, foi princesa de Francia, condesa de Borgoña e condesa de Artois de 1361 a 1382.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Margarida de Francia naceu en 1309, era a filla máis nova do rei Filipe V de Francia e da condesa Xoana II de Borgoña e de Artois.
En 1320, casou co conde Luís I (c. 1304-1346), conde de Flandres como Luís I (1322-1346), conde de Nevers como Luís II (1322-1346) e conde de Rethel como Luís II (c. 1325 -1346), unión da que naceu:
- Luís II de Flandres (1330-1384), chamado Luís II de Male, conde de Flandres e Luís III, conde de Nevers e Rethel (1346-1383), conde de Borgoña e Artois.
Na complicada herdanza do último duque de Borgoña da dinastía capetiana Filipe I os condados de Borgoña e Artois foron por lexítima herdanza á súa tía Margarida de Francia que era Margarida I de Borgoña e Artois.
Á súa morte en 1382, o seu fillo Luís herdou ambos títulos. Foi enterrada na abadía real de Saint-Denis.
A súa neta, a condesa Margarida III de Flandres, tamén coñecida como Margarida de Dampierre, herdeira dos condados de Flandres, Nevers, Rethel, Brabante e Limburgo, casou o 14 de maio de 1357 co seu curmán o duque Filipe I de Borgoña e, que nestes títulos, nominalmente e como "consorte" (uxor iure), precedeu á súa avoa como condesa de Borgoña e Artois. Finalmente, á morte en 1384 do seu pai Luís II de Flandres, Margarida de Dampierre herdou suo iure os mesmos dous títulos.
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Margarida I de Borgoña ![]() |