Margaret Hamilton (científica)
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de agosto de 1936 (88 anos) Paoli, Estados Unidos de América (pt) |
Educación | Earlham College (pt) - matemáticas (–1958) University of Michigan College of Literature, Science, and the Arts (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Ciencias da computación |
Ocupación | informática teórica, enxeñeira, matemática, empresaria |
Empregador | NASA MIT Computer Science and Artificial Intelligence Laboratory (pt) Charles Stark Draper Laboratory (en) Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts |
Interesada en | Ciencias da computación |
Premios | |
| |
Margaret Hamilton, nada en Paoli, Indiana o 17 de agosto de 1936, é unha científica, matemática e enxeñeira de software.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou matemáticas no Earlham College e tras graduarse mudouse a Massachusetts na procura de obter un posgrao. No seu lugar comezou a traballar como desenvolvedora de software no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts. Comezou traballando na programación de programas meteorolóxicos para a predición do tempo.
Durante a carreira espacial da guerra fría entre os Estados Unidos e Rusia, Margarett converteuse na cabeza do equipo de programación da NASA para a misión de levar o home á Lúa. Conseguiu xunto cos seus compañeiros crear un software válido para unha viaxe de ida e volta á lúa. A maiores Hamilton inventou un programa que lle permitía ao ordenador dar prioridade e refugar tarefas innecesarias, o cal salvou os dous astronautas que ían a bordo, Neil Armstrong e Buzz Aldrin, de colidir ao chegar ao satélite.[1]
Hamilton recibiu o premio á Medalla Presidencial de Liberdade en 2016 de man de Barack Obama, e fundou Hamilton Tecnologies, a súa propia compañía de programación de software.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Rubio Hanconk, Jaime (25 de decembro de 2014). "Margaret Hamilton, la pionera de la programación que llevó el Apolo a la Luna". Verne-El País (en castelán).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Margaret Hamilton |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Cívico, Irene; Parra, Sergio (2018). Las chicas son de ciencias. 25 científicas que cambiaron el mundo. Barcelona: Penguin Random House. pp. 88-91. ISBN 978-84-9043-882-4.
Outros artigos
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |