Marc Aillet
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 17 de abril de 1957 Parakou |
| Roman Catholic Bishop of Bayonne (en) | |
| 15 de outubro de 2008 – ← Pierre Molères Diocese: Diocese de Baiona | |
| Datos persoais | |
| Relixión | Igrexa católica |
| Educación | Universidade de Friburgo, Suíza |
| Actividade | |
| Ocupación | bispo católico (2008–), sacerdote católico (1982–), diácono (1981–) |
| Membro de | |
| Influencias | |
| Consagración | Jean-Pierre Ricard |
Marc Marie Max Aillet, nado en Parakou (Benín) o 15 de abril de 1957,[1][2] e un eclesiástico católico francés, actualmente bispo diocesano de Baiona, Lescar e Oloron.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou estudos de Medicina, mais deixounos para entrar na Comunidade San Martiño.[2] Foi ordenado sacerdote da arquidiocese de Xénova o 3 de xullo de 1982[1][2] polo arcebispo cardeal Giuseppe Siri.
Estudou na Universidade de Friburgo, onde licenciouse en Teoloxía moral, e doutorouse en Teoloxía coa tese "Lire la Bible avec saint Thomas – Le passage de la "lettera" à la "res" dans la Somme Théologique".[2]
O 15 de outubro de 2008 foi nomeado bispo de Baiona, Lescar e Oloron.[1][2] Recibiu a ordenación episcopal de mans do arcebispo de Bordeos, Jean-Pierre Ricard, o 30 de novembro de 2008,[1] sendo os co-consagradores o seu predecesor Pierre Molères e o bispo de Fréjus-Toulon Dominique Rey.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 3 4 Annuario pontificio per l'anno 2009 (en italiano). 2008. p. 98.
- 1 2 3 4 5 "RINUNCE E NOMINE". Bollettino della Sala Stampa della Santa Sede (en italiano) (Sala Stampa della Santa Sede) (B0647). 15 de outubro de 2008.
- ↑ "Ordination épiscopale de Mgr Marc Aillet". Diocese de Fréjus-Toulon (en francés). 2 de decembro de 2008. Arquivado dende o orixinal o 30 de xuño de 2016. Consultado o 20 de xuño de 2016.
| Dignidades da Igrexa católica | ||
|---|---|---|
| Predecesor: Pierre Molères |
Bispo de Baiona, Lescar e Oloron 2008 - actualidade |
Sucesor: (no cargo) |