Saltar ao contido

María José Rubio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «María Xosé Rubio»)
Modelo:BiografíaMaría José Rubio
Biografía
Nacemento1956 Editar o valor en Wikidata (67/68 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica, médica Editar o valor en Wikidata
EmpregadorServizo Galego de Saúde Editar o valor en Wikidata

María José Rubio Vidal, nada en 1956, foi conselleira de Sanidade no Goberno galego dende o 4 de agosto de 2005 ata o 20 de abril de 2009 durante toda a VII Lexislatura autonómica presidida por Emilio Pérez Touriño.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Licenciada en Medicina pola Universidade de Santiago, realizou un máster universitario en Xerencia de Áreas Sanitarias na Universidade Complutense (1990-1992).

É inspectora médica no corpo sanitario dende 1987 e ocupou diversos cargos de xestión primeiro no Insalud e logo no Servizo Galego de Saúde. Foi directora da Oficina de Coordinación de Transplantes de Galicia. É membro do foro sanitario da Fundación Iniciativas 21 e relatora do capítulo correspondente á situación sociosanitaria e da Asociación de Economía da Saúde (AES). Desde 1996 ata 2001 desempeñou o cargo de subdirectora xeral do Programa de Atención Sociosanitaria da Consellería de Sanidade e, desde 2001 ata o seu nomeamento como conselleira, foi xefa da Unidade de Concertos da Dirección Provincial do Servizo Galego de Sáude na Coruña; posto ao que regresou en setembro de 2009.

Durante o seu mandato á fronte da Sanidade Pública Galega disolvéronse as Fundacións Hospitalarias creadas polo PPdeG e integrouse a todo o seu persoal no Servizo Galego de Saúde; aprobouse a Lei de Saúde de Galicia, aínda hoxe vixente na súa totalidade e que leva implícito o aseguramento público universal; púxose en marcha a historia clínica electrónica (Ianus) e a ereceita ou receita electrónica; implantouse a dixitalización das probas diagnósticas; ampliouse a capacidade resolutiva da Atención Primaria; deseñouse un Plan de Infraestruturas Sanitarias dotado con 1.300 millóns de euros en cinco anos; acordouse cos sindicatos un sistema de carreira profesional definitivo; implantouse o Plan de Atención Integral á Saúde da Muller coa posta en marcha da humanización do parto e de 18 guías prácticas pensadas por profesionales multidisciplinares para as mulleres; ampliouse o calendario vacinal; púxose en marcha o Programa de Actividades Saudables, Exercicio e Alimenntación (PASEA) e o de Concellos Saudables; centralizáronse os laboratorios de saúde pública para a posta en marcha dunha rede financiada pola Unión Europea; e integrouse o Hospital Naval de Ferrol na rede do Servizo Galego de Saúde; saneouse unha débeda de máis de 400 millóns de euros; púxose en marcha o sistema de compras integradas; e os consellos de participación cidadá, así como o proxecto de queixas e reclamacións do sistema sanitario público galego; entre outras actuacións.


Predecesor:
José Manuel González Álvarez
 
Conselleira de Sanidade
 
2005 - 2009
Sucesor:
Pilar Farjas

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]