María Pineda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
María Pineda
Nacemento7 de novembro de 1960
LugarMálaga
Falecemento4 de abril de 2015
LugarMálaga
Causacancro
NacionalidadeEspaña
Profesiónemprendedora e modelo
Na rede
IMDB: nm2422775 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

María Pineda, nada en Málaga o 7 de novembro de 1960 e finada na mesma cidade o 4 de abril de 2015, foi unha modelo e empresaria española, que ademais realizou algún traballo esporádico como actriz.

Biografía[editar | editar a fonte]

Deuse a coñecer en 1978 aos 17 anos ao quedar primeira dama de honra do certame de Miss España. A súa popularidade acrecentouse cando comezou unha relación sentimental co bailaor Joaquín Cortés, co que estivo emparellada dende 1994 a finais de 1996. Dende entón foi unha cara habitual da prensa e programas de corazón. Tamén traballou en televisión como actriz e colaboradora de programas durante moitos anos.

A enfermidade de cancro de pulmón diagnosticóuselle en 2009 cando contaba con 48 anos de idade. Segundo dixo, moitos familiares seus faleceran a causa desa enfermidade. O seu irmán faleceu en 1987 vítima de accidente de tráfico á temperá idade de 18 anos e a súa nai de cancro en 1988.

María faleceu a noite do 4 de abril de 2015 de cancro, aos 54 anos, seis anos despois de telo diagnosticado.[1] A súa parella era o empresario Emilio Molina.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Mundo, ed. (4 de abril de 2015). "Morre a modelo María Pineda tras unha dura loita contra o cancro". Consultado o 4 de abril de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]