María Pilar Alén

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
María Pilar Alén
Nacemento24 de xullo de 1961
Lugar de nacementoOza
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela e Universidade de Oviedo
Ocupaciónhistoriadora, musicóloga e profesora
Coñecida porHistoria da música galega. Cantos, cantigas e cánticos
Na rede
Dialnet: 113368
editar datos en Wikidata ]

María Pilar Alén Garabato, nada en Oza (Teo) o 24 de xullo de 1961, é unha historiadora, musicóloga e profesora galega. É irmá da filóloga María del Carmen Alén Garabato.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1984 licenciouse en Historia da Arte moderna e contemporánea pola Universidade de Santiago de Compostela, e en 1989 licenciouse en Musicoloxía pola Universidade de Oviedo. Doutorouse en 1992 pola Universidade de La Laguna coa tese El compositor italiano Buono Chiodi y su magisterio en Santiago de Compostela.

É profesora na Facultade de Xeografía e Historia da USC. O seu labor investigador céntrase na capela de música da catedral de Santiago de Compostela, as relacións musicais hispano-italianas e a música da Península Ibérica na segunda metade do século XVIII.

Obras[editar | editar a fonte]

  • La capilla de música de la catedral de Santiago de Compostela. Renovación y apogeo de una etapa provilegiada (1770-1808) (Ediciós do Castro, 1995)
  • Historia da música galega. Cantos, cantigas e cánticos (A Nosa Terra Edicións, 1997)