María Mazás

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMaría Mazás

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) María Mazás Lata Editar o valor em Wikidata
9 de agosto de 1960 Editar o valor em Wikidata
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Morte5 de outubro de 2017 Editar o valor em Wikidata (57 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónartista visual , deseñadora , bailarina , escritora , poeta , pintora , escultora , deseñador de moda Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

María Mazás Lata, nada na Coruña o 9 de agosto de 1960 e finada o 5 de outubro de 2017, foi unha artista plástica, pintora, escultora, poeta, deseñadora de chapeus e bailarina galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Creadora e artista, María Mazás provén do mundo da danza clásica contemporánea. Empezou a súa carreira profesional sendo bailarina, pero en 1987 cambiou o seu rumbo creativo e empezou a dedicarse á sombrerería. María Mazás foi unha artista autodidacta que se definiu a partir dunha constante investigación. Tras pasar tres anos en Alemaña, investigando sobre a súa nova profesión, instalouse en Barcelona en 1991, aínda que sempre desenvolveu o seu traballo dacabalo entre ámbolos dous lugares.[1] Traballou para o mundo da moda e o estilismo en pasarelas internacionais, así como tamén participou en diversas montaxes teatrais e en máis de trinta exposicións en cidades como Friburgo, Roma, Venecia e París.[2] No seu traballo como deseñadora de chapeus salientou a orixinal utilización de materiais.

Logo de 17 anos de dedicación á sombrerería como arte, María Mazás retomou a súa carreira como pintora, inspirada na tradición xaponesa da caligrafía e a pintura sumi-e, que combinou co seu interese pola pintura expresionista para desenvolver unha obra de profunda espiritualidade. Traballou tamén collages e escultura.

Notas[editar | editar a fonte]