María José Martínez Turrini

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMaría José Martínez Turrini

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento11 de maio de 1980 Editar o valor em Wikidata (43 anos)
Bogotá, Colombia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeColombia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz , modelo Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1996 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0555239 Editar o valor em Wikidata

María José Martínez Turrini, nada en Bogotá o 11 de maio de 1980, é unha actriz, locutora, modelo e escritora colombiana de ascendencia italiana.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 2000 formou parte do elenco da telenovela La Caponera da canle Caracol, cuxa protagonista foi Margarita Rosa de Francisco. Juan Joyita... quiere ser Caballero, que foi dirixida por Rodrigo Triana e lanzada en 2001 en RCN, foi o seguinte proxecto no que participou, desta volta interpretando unha moza con cartos chamada Lina. As gravacións desta telenovela compartíaas coa locución conxunta do programa radial El Gallo e Las niñas lindas bailan Rock and Roll transmitidos pola emisora xuvenil Radioacktiva no ano 2002.

A finais de 2002, Canal Caracol lanzou a telenovela Pecados capitales, cuxo elenco estaba composto por Robinson Díaz, Marcela Carvajal e Frank Ramírez, entre outros. Nesta telenovela interpretaba a Esperanza Salinas. O seguinte papel que interpretou foi o de Tatiana na telenovela Sofía dame tiempo realizada conxuntamente polo Canal Caracol e a programadora R.T.I. e pola canle hispana Telemundo en 2003.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Televisión[editar | editar a fonte]

Premios e nomeamentos[editar | editar a fonte]

Premios India Catalina[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Premios India Catalina.
Ano Categoría Serie Resultado
2010 Mellor actriz protagonista de serie ou miniserie Tu voz estéreo Nomeada

Premios Talento Caracol[editar | editar a fonte]

Ano Categoría Serie Resultado
2014 Mellor actriz secundaria Fugitivos Nomeada