María Fernanda Castro Maya

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMaría Fernanda Castro Maya
Biografía
Nacemento1993 Editar o valor em Wikidata (30/31 anos)
Cidade de México Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeMéxico Editar o valor em Wikidata
Ideoloxía políticaAutoxestión Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoAcesibilidade, dereitos dos discapacitados, inclusión social e participación política Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónactivista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2018 Editar o valor em Wikidata -
Membro de
Inclusion International (en) Traducir (2020–) Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Premios

María Fernanda Castro Maya, nada c. 1993 en México, é unha activista mexicana polos dereitos das persoas con discapacidade.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Como consecuencia da súa discapacidade intelectual, María Fernanda Castro Maya forma parte da Confederación Mexicana de Organizacións a prol das discapacidade intelectual, que actúa para garantir que os dereitos das persoas con discapacidade reciben o apoio de Human Rights Watch.[1][2] Entre outros, pediu a todos os partidos políticos mexicanos que teñan en conta a discapacidade intelectual e as dificultades de aprendizaxe nas medidas que implementen:[3]

As persoas con discapacidade intelectual non somos nenos eternos, xa que podemos decidir, expresar a nosa opinión e implicarnos en temas comúns e asumir responsabilidades. Queremos que nos consulten sobre as leis que se fan. Isto permitiranos formar parte das decisións do país.

María Fernanda avoga persoalmente pola accesibilidade lingüística dos documentos vinculados ás decisións políticas, ademais da inclusión das persoas con discapacidade nos partidos políticos e nas actas electorais.[4] Ademais, María Fernanda formou parte da delegación mexicana que presentou ante as Nacións Unidas un informe sobre os dereitos das persoas con discapacidade e, dende 2020, é a representante rexional do grupo Empower Us, que pertence á rede global Inclusion International.[1][5] Tamén dirixiu a consulta en liña sobre a participación política de persoas con discapacidade intelectual e psicosocial e moderou unha mesa de traballo no Encontro Internacional de Autoxestores.[6]

María Fernanda mesmo presentou unha proposta ao Parlamento de Persoas con Discapacidade 2022 para reformar o Código Civil da Cidade de México e erradicar a figura do comisario. A proposta foi enviada ao Congreso da Cidade de México á espera de resposta.[7]

Recoñecemento[editar | editar a fonte]

No ano 2022, María Fernanda foi incluída na lista da BBC das 100 mulleres máis influentes do mundo por defender os dereitos das persoas con discapacidade en México e loitar pola súa participación política.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Silvera, Miguel (22-12-2022). "Las mujeres más influyentes de América Latina". QPASA (en castelán). Consultado o 5-1-2023. 
  2. Sarabia, Dalila (28-3-2022). "‘Creen que no podemos tomar decisiones’: Jóvenes con discapacidad intelectual exigen participación política". Yahoo! News (en castelán). Consultado o 5-1-2023. 
  3. Vargas Barrantes, Albino (20-3-2022). "Mexicanos con discapacidad intelectual urgen inclusión en espacios políticos". La Revista CR (en castelán). Consultado o 6-1-2023. 
  4. "Conoce a las latinas que figuran en la lista de las 100 mujeres más influyentes del 2022". El Tiempo Latino (en castelán). 8-12-2022. Consultado o 5-1-2023. 
  5. "People with Intellectual Disabilities Should Have Representation in Politics in Mexico". Human Rights Watch (en inglés). 18-3-2022. Consultado o 6-1-2023. 
  6. "2 activistas mexicanas en la lista de las mujeres más influyentes en 2022 de la BBC". MXCity (en castelán). 2022. Consultado o 5-1-2023. 
  7. Ramírez, Bertha Teresa (30-8-2022). "Plantean discapacitados eliminar la figura de tutor para ser más autónomos". La Jornada (en castelán). Consultado o 2023-01-05.