María Dolores Norte Gómez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMaría Dolores Norte Gómez
Biografía
Nacementoséculo XX Editar o valor em Wikidata
España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Politécnica de Madrid Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónenxeñeira de minas Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 2339788

María Dolores Norte Gómez é a primeira muller que obtivo o título de Enxeñeira de Minas en España.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

María Dolores Norte Gómez pertence ao grupo de universitarias que iniciaron estudos en enxeñarías no curso 1968-69 e foi a primeira que conseguiu titularse como Enxeñeira de Minas pola Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Minas de Madrid, Universidade Politécnica de Madrid no ano 1974, especializándose en Enerxía e Combustibles.[1]

O feito de ser a primeira muller enxeñeira de minas tivo un gran balbordo no seu momento, chegando a aparecer en diversos medios de comunicación e recibindo o título de mans da entón Princesa Sofía.[2][3][4] Tras a súa licenciatura continuou os seus estudos cursando un mestrado en “Seguridade de Reactores Nucleares“ no Massachusetts Institute of Technology (M.I.T.), Boston, (USA), durante o ano 1982. Máis tarde iniciou os seus estudos de doutoramento na Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Minas de Madrid.

Na década dos noventa inicia un mestrado sobre Avaliación e Corrección de Impactos Ambientais, no Instituto Tecnolóxico Geominero de España. E máis tarde fórmase como Auditora Interna de Sistemas de Calidade Certificada pola Empresa Lloyds Register.Antes de finalizar os seus estudos entrou como bolseira na empresa Técnicas Reunidas S.A dentro da Agrupación de Interese Económico de Empresarios Agrupados. (A. I. E.), onde chegou a desempeñar os cargos de Xerente e Directora de Proxectos Enerxéticos tanto nacionais como internacionais.

Publicacións[editar | editar a fonte]

  • "Mi experiencia del Curso de Gestión y Dirección de Proyectos con la empresa Dirección de Proyectos Europeos (DPE)". Industria y minería, ISSN 1137-8042, Nº. 392, 2012, páxs. 30-31[5]
  • "Algo está cambiando en la energía nuclear". Industria y minería, ISSN 1137-8042, Nº. 376, 2008, páxs. 39-45[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Currículo de María Dolores Norte Gómez Arquivado 28 de outubro de 2020 en Wayback Machine. Colegio Oficial de Minas del Centro de España. Consultado o 12/1/2017 (en castelán).
  2. García-Valdecantos, Esther (24/10/2015). "Así son las ingenieras españolas" El Mundo (en castelán).
  3. "La Princesa de España entregó el título a la primera española ingeniera de minas". ABC. 18/6/1975 (en castelán).
  4. Quijada, Pilar "Dolores Norte, la primera mujer ingeniera de Minas" 7/8/2017 (en castelán).
  5. 5,0 5,1 María Dolores Norte Gómez en Dialnet. Universidade da Rioxa. Consultado o 12/1/2017.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]