Conversa:María Dolores Norte Gómez

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

"Publicacións"[editar a fonte]

Penso que a sección de "Publicacións" é paupérrima, carente de interese enciclopédico, prescindible e eliminable. Inclúe unha "publicación" de dúas páxinas e outra de tres follas, copiadas de Dialnet, que son os únicos artigos dela que Dialnet inclúe e que nós dicimos que "destacamos", despois de xustificar ou escusar á autora dicindo: "ao non dedicarse á docencia nin exclusivamente á investigación, levou a cabo poucas publicacións".

A propia sección de "publicacións" do seu currículo [1] non inclúe publicación ningunha.

Propoño borrar a sección directamente. --. HombreDHojalata.conversa 14 de marzo de 2020 ás 13:44 (UTC)[responder]

As publicacións son relevantes, aínda que só teña unhas poucas colaboracións en xornais, e están referenciadas. Sendo poucas evítase incluso ter que facer unha selección obxectiva delas, non vexo motivo para non incluílas. O que sobra é a frase previa, xuízo de valor e fonte primaria sen referencia. Banjo tell me 14 de marzo de 2020 ás 14:14 (UTC)[responder]