Saltar ao contido

María Barros

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMaría Barros
Biografía
Nacemento27 de xaneiro de 1980 Editar o valor en Wikidata (45 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndeseñador de moda Editar o valor en Wikidata

María Barros, nada na Coruña o 27 de xaneiro de 1980, é unha deseñadora galega de moda.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou moda no Instituto Europeo di Design de Milán, cuxa tese dirixiu Franca Sozzani, directora de Vogue Italia. Con 21 anos, obtén o premio Moët & Chandon Young Fashion Award á mellor deseñadora nova europea, outorgado en colaboración coa Camera Nazionale della Moda Italiana.

Logo de traballar con deseñadores como Roberto Cavalli en Florencia, Modesto Lomba en Madrid e Pupi Solari en Milán, crea a súa propia firma no ano 2003. Dende entón presentou as súas coleccións en diferentes pasarelas internacionais, como a Pasarela Gaudí ou a Semana da Moda de Milán.[2][3] Dende febreiro de 2009 desfila na Mercedes-Benz Fashion Week Madrid.

Ademais, as súas creacións vestiron diferentes campañas publicitarias internacionais, por exemplo as presentadas pola xoiaría Suárez, Carrera & Carrera, ou Freixenet. Asemade, deseñou colecciones cápsula para outras marcas, entre as que destaca Hazel by María Barros, unha liña téxtil para a firma de complementos Hazel.