Modesto Lomba

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Modesto Lomba
Modesto Lomba en la inauguración de la exposición en la Sala Canal de Isabel II del modisto Manuel Pertegaz.jpg
Nacemento1962
 Arcaute
NacionalidadeEspaña
Ocupacióndeseñador de moda
editar datos en Wikidata ]
Campaña de promoción do turismo: Modesto Lomba como embaixador de Euskadi.

Modesto Lomba Caneda, chamado Modesto Lomba, nado en Vitoria en 1962, é un deseñador de moda galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de galegos emigrados no País Vasco, Lomba iniciouse nunha xastrería local de Vitoria, estudou Artes e Oficios nesa cidade e logo completou estudos en Barcelona. En 1986 funda co tamén deseñador arxentino Luis Devota unha empresa de deseño chamada Devota&Lomba. En 1988 debutaron na pasarela Cibeles de Madrid e ao ano seguinte (1989) representaron a España no Pitti Trend de Florencia, no ano en que tamén obteñen o premio Cristóbal Balenciaga de promoción de novos creadores. En 1993 quedou en solitario á fronte da compañía tras o falecemento de Devota, pero a firma mantivo o mesmo nome.

A distribución das súas creacións realizouse nos anos noventa a través de tendas multimarca e dos grandes almacéns españois El Corte Inglés, pero en 2000 Lomba abriu a primeira tenda de seu. En 2006 foi escollido presidente da Asociación de Creadores de Moda de España.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]