Manín, Lobios

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Manín
Vista da parroquía dende Santa Eufemia
ConcelloLobios[1]
ProvinciaOurense
Coordenadas41°53′05″N 8°08′13″O / 41.8847645, -8.137049Coordenadas: 41°53′05″N 8°08′13″O / 41.8847645, -8.137049
Poboación108 hab. (2022)
Entidades de poboación5[1]
editar datos en Wikidata ]

San Salvador de Manín é unha parroquia do concello de Lobios, na comarca da Baixa Limia, provincia de Ourense. Segundo o INE[2] e o IGE[3] en 2019 tiña 114 habitantes (52 homes e 62 mulleres).

As aldeas de Ludeiros, Cimadevila, Compostela e O Vao (asolagado), están dentro do perímetro do Parque Natural Baixa Limia - Serra do Xurés, desde a súa declaración o 21 de febreiro de 1993[4].

A parroquia de Manín está, desde o 2009 dentro da Reserva da Biosfera transfronteiriza galego-portuguesa Gerês-Xurés.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Os ríos adoitan ser estremas entre parroquias, unidade fundamental no mundo simbólico galego[5]. A parroquia de Manín delimítana o río Limia de noroeste a suroeste, e o río Caldo, no final do seu percorrido antes de desembocar no río Limia. A parroquia está cruzada pola metade polo río Mao. De leste a oeste, na parte sur da parroquia, delimita a impoñente serra de Santa Eufemia polo trazado actual da fronteira con Portugal. Tamén ao oeste limita coa parroquia de Santa María de Río Caldo.

Igrexa e cemiterio parroquial[editar | editar a fonte]

Igrexa parroquial[editar | editar a fonte]

Igrexa parroquial.

A igrexa de San Salvador de Manín foi construída orixinalmente na aldea de Manín, no século XVI, baixo a advocación de Santa Eufemia. No ano 1764 foi trasladada a Aceredo[6], ficando en Manín a parte da sancristía que se converteu na capela da aldea en honra a Santa Eufemia. En Aceredo é ampliada con naves laterais e sancristía para formar unha cruz. Conta cun importante retablo e altares barrocos.

En Aceredo estaba a igrexa parroquial, daquela en honor a Santiago,[Cómpre referencia] co adro en volta. Foi trasladada á aldea de Compostela.[7]

En 1992 foi desmontada pedra a pedra para salvala do encoro de Lindoso e trasladada á súa nova localización na Travesa, entre Ludeiros e Compostela, moi preto da Casa da Escusalla. Nesta nova localización venérase a San Salvador. É coñecida polos veciños coma a igrexa viaxeira ou transhumante[8].

Cemiterio parroquial[editar | editar a fonte]

Cemiterio.

O cemiterio de San Salvador de Manín está a carón da igrexa parroquial, e dá servizo ás aldeas de Manín, Ludeiros, Compostela, Aceredo e O Vao. Na súa primeira localización, onde foi erixida, en Manín, pola gran devoción a Santa Eufemia, ían enterrar dende Braga (Portugal) á Chan de Campelo, lugar onde estaba a igrexa e o cemiterio.[Cómpre referencia] En Aceredo contaba cun adro en volta da igrexa, con sepulturas de pedra e enterramentos na terra para os que non tiñan sepultura. Tamén tivo algún nicho en pedra, e nos últimos anos, na década dos oitenta, nichos de ladrillo e cemento.

O cemiterio foi trasladado á súa nova localización, na Travesa, a finais dos anos oitenta, cando xa se prevía o asolagamento do val do Limia.

Manín na literatura popular[editar | editar a fonte]

  • Río abaixo, río arriba,/ río de Porta pequeno;/ lévalle moitas mamorias/ ás pendangas de Aceredo [9].
  • Río arriba, río abaixo,/ río de Porta pequeno;/ lévalle moitas mamorias/ ás mociñas de Aceredo [10].
  • Zabariz e mais Torneiros/ xogaban ó carnaval/ sendo lugares veciños/ é cousa moi natural [11].

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Manín[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Manín no concello de Lobios na provincia de Ourense

Aceredo | Compostela | Ludeiros | Manín | O Vao

Aceredo (asolagado)

Parroquias de Lobios[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Lobios

Araúxo (San Martiño) | A Cela (Santa María) | Grou (San Mamede) | A Illa (San Lourenzo) | Lobios (San Miguel) | Manín (San Salvador) | Río Caldo (Santa María) | San Martiño de Grou (San Martiño) | San Paio de Araúxo (San Paio) | Torno (San Salvador)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Decreto 332/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da Provincia de Orense.
  2. INE (ed.). "Instituto Nacional de Estadística. Nomenclátor. Relación de unidades poblacionales" (en castelán). Consultado o 10 de xaneiro de 2021. 
  3. IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor de Galicia – Lobios – Manín". Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. 
  4. DOG nº 35 do 22-02-1993.
  5. Mandianes, Manuel (2003). O río do esquecemento. Xerais. ISBN 84-9782-078-9. 
  6. Pereira Domínguez, Benito (1996). Lovios e a súa comarca. ISBN 84-922140-0-7. 
  7. F., L. (1-11-2015). "Un templo que suma tres ubicaciones". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 8-1-2021. 
  8. José Lamela Bautista. Historiador, escritor e xornalista.
  9. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 139. O río de Porta é un regato que desauga no río de Pacín, en Entrimo; Aceredo é un lugar da parroquia de San Salvador de Manín, no concello de Lobios.
  10. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 139).
  11. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 165. Sabariz, lugar da parroquia de San Xes de Vilariño, no concello de Lobeira. Torneiros do Val era lugar da parroquia de Manín, no concello de Lobios.