Cemiterio de San Salvador de Manín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 41°53′07″N 8°08′31″O / 41.885277777778, -8.1419444444444

O cemiterio de San Salvador de Manín comezouse a construír na segunda metade de 1980, no lugar da Travesa, entre Ludeiros e Compostela, onde tamén sería trasladada a igrexa de San Salvador de Manín.

Historia[editar | editar a fonte]

O cemiterio e a igrexa parroquial forman parte dun conxunto para as aldeas de Manín, Ludeiros, Compostela, Aceredo e O Vao. Na súa primeira localización estivo en Manín, onde foi erixida a igrexa parroquial, de advocación a Santa Eufemia. Ese lugar era escollidos polos cristiáns da antiga Gallaecia e viñan enterrar desde Braga (Portugal) á Chan de Campelo.[Cómpre referencia]

O segundo cemiterio parroquial estivo en Aceredo cun adro en volta da igrexa, a onde foi trasladada a igrexa en 1764. Contaba con sepulturas de pedra e enterramentos na terra para os que non tiñan sepultura. Tamén tivo algún nichos este cemiterio, incluso un conxunto de catro labrado en pedra e de grandes proporcións que destacaba á man esquerda na entrada pola parte do lugar de Aceredo, eses nichos pertenceron á familia dos Pretas, e foi trasladado, como consecuencia da construción do encoro de Lindoso, ao cemiterio de A Illa (Entrimo), ao ser mercado por unha familia desa aldea próxima; ademais nos últimos anos, na década dos oitenta, contou con varios conxuntos de nichos de ladrillo e cemento.

O cemiterio de Aceredo foi trasladado á súa nova localización, na Travesa, entre Compostela e Ludeiros. A finais dos anos oitenta remataron as obras do novo adro, prevendo o asolagamento do val do Limia e pola necesidade da veciñanza de contar cun lugar para os enterramentos e para o traslado dos seus familiares. Dende entón, o cemiterio parroquial está á beira da igrexa parroquial, nunha cota máis baixa.

Cruceiro na entrada do cemiterio.

Situación[editar | editar a fonte]

Está situado na lugar coñecido coma A Travesa, en Compostela. Ao norte linda co monte comunal e o que foi resío da Casa da Escusalla. Ao sur está a entrada e a aldea de Compostela. Ao leste, a estrada que o separa da igrexa parroquial. Ao oeste o camiño que vai de Compostela á Escusalla.

Construción[editar | editar a fonte]

Foi construído na segunda metade de 1980. Está recollido por muros de perpiaño, cunha entrada con cancelas de ferro. Á dereita da entrada conta cunha pequena construción, tamén de pedra, para os usos propios do cemiterio. Á esquerda, e contra o muro hai levantados 15 conxuntos de catro nichos cada un. En fronte destes nichos, na outra parede hai outros tantos nichos, e facendo unha L, seis conxuntos máis de nichos. Na parede que dá para a igrexa (este), hai 50 conxuntos de nichos. Na parte baixa e media do cemiterio hai un total de 96 sepulturas, e na alta xardineiras con árbores e flores. Conta cunha parede, cara a parte norte, descuberta de nichos para unha posible ampliación.

Persoeiros inhumados[editar | editar a fonte]

Algúns persoeiros enterrados no camposanto:

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]